Esta finde celébrase o primeiro torneo de fútbol base organizado polo Concello, o Celta e o Club Cidade de Ribeira

30 Setembro 2021

Esta fin de semana organízase en Ribeira, no Complexo Deportivo da Fieiteira, o primeiro torneo de fútbol 8 organizado polo Concello, a Fundación Celta de Vigo e o Club de Fútbol Cidade de Ribeira. Nel participarán un total de oito equipos de fútbol base da canteira de Galicia. O sábado será a queda da categoría de benxamíns e, o domingo, da de alevíns.

Os partidos darán comezo ás 10.30 coa fase de grupos, as semifinais xogaranse a partir das 16.30, a loita polo 3º e 4º posto será ás 17:30 e as finais ás 18.00. Tódolos equipos xogarán un total de cinco partidos.

Na presentación da competición, celebrada na mañá deste 30 de setembro, a primeira tenente alcalde, María Sampedro, salientou “a aposta do Concello polo deporte, especialmente polo base, como xeito de que os rapaces compitan e aprendan valores”.

Pola súa banda, o edil de Deportes, Javier Sampedro manifestou o seu desexo de que se unan máis clubs en vindeiras edicións.

Desde o C.F. Cidade De Ribeira agardan que este evento, xunto co Torneo Copa Sálvora, se consolide como unha competición de referencia na comarca, segundo afirmou o seu vicepresidente Ramón Martínez.

Os partidos constarán dun tempo de 25 minutos agás as finais, que durarán 30. Tódolos equipos participantes recibirán un agasallo e haberá un trofeo para cada equipo gañador. A competición disputarase seguindo cos protocolos de prevención de COVID. Os partidos xogaranse no campo de céspede natural do Complexo Deportivo Municipal da Fieiteira. En caso de climatoloxía adversa pasaranse ó campo sintético anexo.

Equipos:

GRUPO A 

  • Real Club Deportivo de La Coruña 
  • C.D. Conxo Santiago 
  • E.D. Val Miñor 
  • S.D. Xuventú Aguiño 

GRUPO B

  • Real Club Celta de Vigo
  • Bertamiráns F.C. 
  • E.D. Xuventude Oroso 
  • Cidade de Ribeira C.F 

Outros artigos

O Concello de Ribeira amosa a súa solidariedade con Adamuz

Sumándose á convocatoria realizada pola FEGAMP, membros da Corporación municipal e traballadores do Concello de Ribeira gardaron un minuto de silencio ás 12.00 horas deste luns 19 de xaneiro como mostra de recordo e agarimo polas vítimas mortais, os feridos e as...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Ketty Garat, periodista de año” – José Castro López

“Ketty Garat, periodista de año” – José Castro López

La elección de la ferrolana Ketty Garat como mejor periodista del año 2025 por parte de la Asociación de la Prensa de Madrid no es solo un reconocimiento a su actividad profesional impecable, es también una reivindicación del periodismo de investigación, esencial para...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.