En Ribeira trasladan o hospital a unha muller tras caer da bicicleta ao río Arlés

05 Setembro 2021

Unha persoa foi trasladada, esta mañá, logo de caer da bicicleta no Río Arlés, en Ribeira.

Os servizos sanitarios informaban ao 112 Galicia, minutos despois das doce, de que acababan de sacar da auga a unha persoa que caera dende o paseo fluvial do Río Artes, na localidade de Ribeira, e precisaban axuda para movela.

Así, desde o CIAE 112 Galicia informouse aos Bombeiros de Ribeira, á Policía Local, á Policía Nacional e a Protección Civil de Ribeira.

Ao chegar ao punto, os equipos de emerxencia confirmaron que a muller, que ía en bicicleta por unha ponte, caera ao río pero, afortunadamente, nun sitio no que apenas había auga. Finalmente, confirmaron que a ferida fora evacuada en ambulancia ao centro hospitalario de referencia.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.