Dende o Consistorio ribeirense informan do inicio dos preparativos para as Escolas Deportivas Municipais de Inverno Concello de Ribeira, que neste curso 2021-2022 estarán conformadas por sete propostas dirixidas a nenos e nenas e outras dúas para adultos.

Concretamente, as que están destinadas a rapaces e rapazas son atletismo, baloncesto, nada e corre, pádel, patinaxe, tenis e voleibol, mentres que para os maiores de idade haberá tenis e pádel.
No caso das escolas infantís, a renovación de matrículas terá lugar do 13 ao 17 de setembro (no rexistro xeral do Concello, ben de forma presencial ou ben telemática) en tanto que as novas solicitudes serán do 20 ao 24 de setembro (tamén no rexistro xeral). As listaxes provisionais de admitidos será publicada na páxina web do Concello o 28 de setembro. As clases darán inicio o 13 de outubro.
En canto ás escolas para adultos, as persoas que participaron durante o presente verán poden renovar a súa inscrición na Oficina de Deportes da Fieiteira, mentres que as novas matrículas poderán solicitarse a partir do 16 de setembro. O comezo das clases está previsto para o 4 de outubro.
Máis información na páxina web do Concello, no correo electrónico deportes@ribeira.gal, na Oficina de Deportes da Fieiteira ou no teléfono 981 873 646 (horario de atención ao público de 9 a 13.30 horas).
Atletismo
Idades: Nados entre o 2015 e o 2009.
Lugar: Estadio de atletismo Ana Peleteiro (Fieiteira).
Grupo 1:Luns e mércores de 17.30 a 18.30 h.(do 2015 ao 2011).
Grupo 2:Luns e mércores de 18.30 a 19.30 h.(do 2010 ao 2009).
Grupo 3: Martes e xoves de 17.30 a 18.30 h.(do 2015 ao 2011).
Prazas: 60 (20 por grupo).
Baloncesto
Idades: Nados entre o 2015 e o 2006.
Lugar: Polideportivo Alcalde Torres Colomer (Palmeira).
Días: Mércores e venres.
Grupo 1: De 18.00 a 19.00 h.(do 2015 ao 2011).
Grupo 2: De 19.00 a 20.00 h.(do 2010 ao 2006).
Prazas: 24 (12 por grupo).
Pádel
Idades: Nados entre o 2014 e o 2004.
Lugar: Centro de Raqueta Sta Uxía.
Grupo 1:Luns de 19.00 a 20.00 h.(do 2009 ao 2006).
Grupo 2:Martes de 18.00 a 19.00 h.(do 2014 ao 2010).
Grupo 3:Martes de 19.00 a 20.00 h.(do 2009 ao 2006).
Grupo 4:Mércores de 18.00 a 19.00 h.(do 2014 ao 2010).
Grupo 5:Mércores de 19.00 a 20.00 h.(do 2009 ao 2006).
Grupo 6:Xoves de 18.00 a 19.00 h.(do 2014 ao 2010).
Grupo 7:Xoves de 19.00 a 20.00 h.(do 2009 ao 2006).
Grupo 8 :Venres de 18.00 a 19.00 h.(do 2014 ao 2010).
Grupo 9: Sábado de 10.00 a 11.00 h.(do 2005 ao 2004).
Prazas: 72 (8 prazas por grupo).
Nada e Corre
Idades: Nados entre o 2014 e o 2006.
Lugar: Complexo Deportivo A Fieiteira.
Horario: Luns de 17.30 a 18.30h. (Carreira) e mércores de 18.30 a 19.30 h.(natación).
Prazas: 12.
Patinaxe artística
Idades: Nados entre o 2016 e o 2006.
Lugar: Polideportivo de Sirves.
Días: Luns e mércores.
Grupo 1: De 17.30 a 18.30 h.(do 2016 ao 2014).
Grupo 2: De 18.30 a 19.30 h.(do 2016 ao 2014).
Grupo 3: De 19.30 a 20.30 h.(do 2013 ao 2006).
Prazas: 36 (12 por grupo).
Tenis
Idades: Nados entre o 2014 e o 2006.
Lugar: Polideportivo Municipal de Artes.
Días: Martes e xoves.
Grupo 1: De 18.30 a 19.30 h.
Grupo 2: De 19.30 a 20.30 h.
Prazas: 24 ( 12 por grupo).
Voleibol
Idades: Nados entre o 2014 e o 2006.
Lugar: Polideportivo Alcalde Torres Colomer (Palmeira).
Días: Martes e xoves.
Grupo 1: De 19.00 a 20.00 h.(do 2014 ao 2010)
Grupo 2: De 20.00 a 21.00 h.( do 2009 ao 2006)
Prazas: 24 (12 por horario).
Actividades para maiores
Tenis
Lugar: Polideportivo Municipal de Artes.
Días: Martes e xoves.
Horario 1: De 20.30 a 21.30 h.
Horario 2: De 21.30 a 22.30 h.
Prazas: 16 ( 8 por grupo).
Pádel
Lugar: Centro de Raqueta Sta Uxía.
Clases de 1 hora semanal.
Grupos de iniciación e perfeccionamento.
Máximo 4 persoas por grupo.
Consultar dipoñibilidade.
O número de prazas ofertadas nas escolas deportivas poderá variar en función da normativa sanitaria vixente en cada momento.