En Ribeira o Concello dixitalizará e porá na Rede outras 66.173 páxinas do Arquivo Histórico

17 Setembro 2021

O Concello de Ribeira vén de sacar a licitación un novo proxecto para dixitalizar documentos históricos custodiados no Arquivo Histórico Municipal: un proxecto que dea continuidade aos traballos presentados o pasado verán, pasado, cando se puxeron a disposición da cidadanía (a través da Rede) máis de 3.000 páxinas do dito arquivo. Agora, a intención é dixitalizar e facer accesíbeis un total de 66.173 páxinas pertencentes a preto dunha trintena de clases de documentación.

O abano de formatos e temas é variado: no proxecto inclúense actas da comisión municipal permanente (de 1924 a 1985), actas de pleno (de 1990 a 1998), libros de padróns de habitantes, libros rexistro de salvocondutos (1946-1947), ordenanzas municipais (1867-1880), libros rexistro de entrada e saída de buques (de 1863 e 1896) ou algúns máis específicos como actas da xunta soberana da revolución de 1968 .

Trátase da cuarta das fases que inclúe até o de agora o proxecto de dixitalización histórica do Concello de Ribeira, con 83.000 páxinas xa convertidas en arquivos dixitais.

A documentación poderá ser consultada de balde a través do Arquivo Dixital de Galicia (Galiciana), do cal xa hai unha ligazón na páxina web do Concello coas ligazón aos documentos históricos ribeirenses xa a disposición.

O orzamento base de licitación ascende a 26.469,20 euros, IVE incluído. Os interesados dispoñen ata o 4 de outubro á medianoite para formular as súas ofertas a través do Sistema de Licitación Electrónica da Xunta de Galicia.

Este investimento está subvencionado pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) mediante Resolución de concesión e denegación de subvención ao abeiro da Resolución do 20 de xullo de 2021 pola que se modifica a Resolución do 27 de febreiro de 2020, pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a dixitalización do patrimonio cultural de Galicia coa finalidade da preservación e difusión a través de Galiciana-Patrimonio Dixital de Galicia, e se procede á súa segunda convocatoria para os anos 2020-2021, co-financiada co Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo FEDER Galicia 2014-2020.

Outros artigos

Accidente de tráfico na DP-7306, en Carreira, no concello de Ribeira

Os bombeiros do parque Provincial de Ribeira foron alertados pasadas as 11:00 horas desta mañá dun accidente de tráfico acontecido na DP-7306, ao seu paso por Cerca, no concello de Ribeira. Na incidencia, un automóbil envorcou sobre o seu lateral esquerdo provocando...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Rey, Sánchez, Mazón y Valencia” – Manuel Domínguez

“El Rey, Sánchez, Mazón y Valencia” – Manuel Domínguez

A la vista de los hechos pudiéramos pensar que poner en la misma comitiva, al rey junto a los presidentes pudiera ser un error. Sabiendo de antemano, que un pueblo que ha perdido más de 200 vidas, sin hogar, abandonado de la mano de dios, no serían recibidos en loor...