Mais de 3.000 páxinas do arquivo histórico de Ribeira xa poden ser consultadas pola rede

11 Xuño 2020

Con motivo da conmemoración da Semana Internacional de Arquivos, o Concello de Ribeira vén de organizar este mediodía un sinxelo acto na sede do Arquivo Histórico Municipal coa fin de amosar a riqueza e o alto valor dos fondos que alí se custodian e, de maneira especial, aqueles que xa poden ser consultados polos veciños de forma telemática dende os seus fogares ou dende calquera outro recuncho simplemente con dispor dunha conexión a Internet.
Así, a concelleira de Innovación Tecnolóxica, Ana Barreiro; o secretario xeral do Concello, Juan Salguero, e o arquiveiro municipal, José Antonio Otero, visitaron as citadas dependencias, que están situadas nos dous andares máis altos do edificio da Policía Local: unhas instalacións que foron dotadas no seu día de mobiliario máis adecuado para conservar esta valiosa documentación en óptimas condicións de luz, temperatura e humidade, tales como armarios e andeis de tipo compacto e móbiles, e mobles de madeira para documentos que precisan polo seu material ou tamaño dun soporte especial.
Alí se deron a coñecer os contidos xa dixitalizados e que están aloxados no Arquivo Dixital de Galicia (Galiciana), que xestiona a Xunta: son 614 libros e outros documentos en total, datados entre 1718 e 1990 e que suman unhas 83.000 páxinas. Para facilitar o seu acceso o Concello vén de habilitar hoxe na home da súa páxina web,www.ribeira.gal, un novo apartado denominado “Arquivo Histórico Dixital de Ribeira” que simplifica a súa busca por parte da veciñanza interesada e que será obxecto de melloras no futuro.

Visita ás instalacións do arquivo histórico municipal de Ribeira. cedida

Outros artigos

A Curota énchese de bandeiras galegas nunha caravana patriótica

A Asemblea Intercomarcal de Mulleres do BNG Barbanza–Muros Noia organizou este domingo 13 de xullo pola mañá unha caravana patriótica que partiu ás 11.30 horas desde A Pobra do Caramiñal con destino ao miradoiro da Curota, dentro da programación de actividades previas...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Vivenda e administracións públicas” – José Manuel Pena

“Vivenda e administracións públicas” – José Manuel Pena

Somos moitos os que cada vez estamos máis convencidos de que o problema da vivenda se utiliza como cuestión política e electoral pero non hai unha vontade real en buscarlle unha solución a miles de familias que teñen moito problemas para atopar unha vivenda...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.