En Ribeira, Galicia pon en valor a gastronomía e a práctica da pesca responsable

14 Setembro 2021

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, fixo hoxe fincapé no papel fundamental que xogan a práctica dunha actividade pesqueira sustentable e a gastronomía para impulsar o consumo de produtos do mar. Así o sinalou na apertura da segunda xornada do I Foro de Fomento de Consumo de Peixe, Alimentación Saudable e Sostible na Dieta Atlántica, DIETLÁNTICA, que se celebra esta tarde na lonxa de Ribeira.
Alí a titular de Mar tamén destacou que os peixes e mariscos son “un auténtico motor da economía galega”, que move cada ano máis de 150.000 toneladas anuais de peixes, mariscos e algas nas lonxas e que produce máis de 250.000 toneladas de mexillón e outras especies de acuicultura. Ademais puxo de relevo o seu importante papel dentro
dunha alimentación sa e equilibrada.
Nesta liña, subliñou a necesidade de protexer o medio mariño para preservar ao mesmo tempo o consumo saudable dos seus produtos. Un xeito de facelo, especificou, é desenvolvendo unha actividade pesqueira sustentable e respectuosa co medio ambiente.
A conselleira tamén sinalou que os peixes e mariscos identifican a Galicia e á súa gastronomía e xogan un importante papel na alimentación. Tamén puxo en valor a importancia da gastronomía na concienciación da cidadanía para consumir produtos de calidade.
Neste sentido, fixo fincapé no valor das campañas de promoción de consumo de peixe e marisco en fresco ou en conserva, un ámbito no que a Xunta leva traballando máis dunha década. Neste eido, Rosa Quintana fixo referencia á actual iniciativa GALICIA SABE AMAR, que incide na importancia de comer peixes e mariscos e na gran variedade de
produtos da máxima calidade que o complexo mar-industria de Galicia pon a disposición dos consumidores.
Ao mesmo tempo, engadiu, esta campaña, á que preceden outras como Merca produto fresco do mar. Estamos no mesmo barco, é unha mostra do recoñecemento ao sector e ao seu papel vital no subministro de peixes e mariscos de calidade á cidadanía, especialmente en momentos de dificultade como os da pandemia da covid-19. Unha época, especificou, Rosa Quintana, na que “o sector do gran consumo mellorou as súas cifras grazas ás vendas nos lineais e nas canles en liña” e na que o sector marítimo- pesqueiro e o seu tecido produtivo “apostaron forte pola innovación para o desenvolvemento de produtos adaptados ás novas necesidades dos consumidores”.
Estas iniciativas de promoción, subliñou a titular de Mar, únense ao labor de difusión da calidade dos produtos do mar que realiza a Fundación Dieta Atlántica da Universidade de Santiago de Compostela, impulsora do I Foro DIETLÁNTICA xunto co Goberno galego.
O Foro
O obxectivo deste evento, que reúne a varios expertos do mundo sanitario, nutricional, educativo e gastronómico, é poñer en valor os beneficios da dieta atlántica na que se lle dá un gran protagonismo aos produtos do mar. Con ese fin o foro consta de dúas partes e pode seguirse de xeito gratuíto vía streaming a través da web
https://fundaciondietatlantica.com/forodietlantica/.
A xornada de hoxe en Ribeira é a segunda e final deste foro e está centrada en diferentes cuestións relacionadas coa gastronomía e coa divulgación dunha produción sostible. Está moderada por Rosaura Leis e conta coa chef da Tafona e Estrela Michelín, Lucía Freitas; o catedrático de bioquímica da Universidade de Granada e presidente da Fundación
Iberoamericana de Nutrición, Ángel Gil, e co catedrático de Enxeñaría Química da USC e tamén membro da Fundación Dieta Atlántica, Gumersindo Feijóo.
A primeira xornada que se celebrou onte en Santiago estivo máis relacionada co ámbito sanitario e nutricional e contou coa participación do endocrinólogo da Unidade de Obesidade do grupo HM hospitais e vicepresidente da Fundación Dieta Atlántica da USC, Felipe Casanueva; coa pediatra, profesora titular de Pediatría e presidenta do comité
científico da Fundación Dieta Atlántica da USC, Rosaura Leis; o cardiólogo do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (Chuac), Guillermo Aldama, e o médico epidemiólogo, catedrático e director do departamento de Medicina Preventiva e Saúde Pública na Universidade Autónoma de Madrid, Fernando Rodríguez-Artalejo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

Son eu, señor capitán deste navío mercante! Eu son unha muller de mundo, ando polo mundo senrumbo e sen sosego. Estou embarcada neste buque e quero saber para onde imos, cantos e cantassomos, como viviremos o que nos queda de mar e quen seremos ao regresar á terra, se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.