En Ribeira detido o patriarca do poboado da Conlleira investigado polo incendio forestal en Xarás

04 Setembro 2021


A Policía Autonómica detivo a J. M. B., alias “O Chosco”, de 51 anos, patriarca do poboado da Onlleira, acusado dun delito de incendio forestal e, tras a práctica de dilixencias, deixouno en liberdade.

Segundo informa o Diario de Arousa, os feitos que se lle atribúen rexistráronse na tarde do pasado martes no lugar ribeirense de Xarás, nun terreo situado entre as estradas de Carreira por Frións e da Avenida de Ferrol, e que calcinou unha superficie total de 0,34 hectáreas, 3.000 metros cadrados dunha superficie rexenerada fai tres anos con eucaliptos e outros 400 de matogueira, segundo confirmou entón a Consellería do Medio Rural e informamos en “O Barbanza”.

O lume declarouse na parte posterior da nave de Recambios Andrés, deténdose as chamas na súa parede posterior, así como no peche dunha vivenda próxima e seguidamente dirixiuse cara á Avenida de Ferrol, para logo volver tomar unha traxectoria ascendente. Nos labores de extinción mobilizáronse dous helicópteros, dous hidroavións, dous axentes forestais, cinco brigadas e catro motobombas, ademais do GAEM e os Bombeiros de Ribeira.

Accidentes y noticias

Ao parecer, tamén se investiga ao agora detido por incendidos habituais en horario nocturno en aveños amoreados nas inmediacións do referido poboado da Conlleira, como colchóns, coa finalidade de extraer os peiraos de ferro para posteriormente vendelo como chatarra. Os equipos de emerxencias e de extinción, así como a Policía Local, tiveron que intervir en varias noites durante o pasado mes de agosto por ese mesmo motivo.

remitida

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.