En Ribeira as 27 obras que compoñen Noir Blanc, de José Luis Veiras Manteiga en exposición no Lustres Rivas

11 Setembro 2021

Trinta anos despois de que foran creadas, as 27 composicións que conforman a colección “Noir Blanc”, do noiés José Luis Veiras Manteiga, poden ser contempladas a través dunha exposición que permanecerá no Centro Cultural Lustres Rivas de Ribeira ata o vindeiro 9 de outubro.
Na noite de onte tivo lugar o acto inaugural, que baixo a presidencia da primeira tenente de alcalde, María Sampedro, contou tamén coas intervencións de Pastor Rodríguez como director do Museo do Gravado de Artes; o noiés Alfonso Costa, colega e amigo do autor; e este último. Tamén estivo presente a concelleira de Lousame (municipio onde reside o artista). Silvia Agrafojo e, entre o numeroso público (o maximo do aforo permitido), creadores como Manuel
Ayaso, Paco Casal ou Maralla.
Tras as palabras introdutorias do técnico municipal de Cultura Unai González, Pastor Rodríguez tomou a palabra para explicar que esta mostra vén ser unha continuación da retrospectiva sobre Veiras Manteiga que lle dedicou o museo de Artes recentemente. Alfonso Costa eloxiou a calidade dunha obra que “estaba aí escondida e que tiña que saír á luz” en tanto que o propio Veiras Manteiga manifestou que non estaba previsto exhibir esta exposición e que foi Pastor Rodríguez quen a descubriu na súa casa e propuxo a idea de mostrala ao público. O artista agradeceu ao Concello de Ribeira e á Fundación Museo de Artes que se materializara esa posibilidade.
Rematou a inauguración María Sampedro manifestando que todos nos temos que felicitar por ter a oportunidade de disfrutar de “Noir Blanc” e aplaudiu que tantas persoas de todas as idades tivesen interese en estar presentes no acto, para ben da cultura.
A mostra pode ser visitada de luns a venres de 10 a 14 e de 19 a 21 horas e os sábados de 11 a 14 horas. A entrada é gratuíta.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.