O Conservatorio Profesional de Música de Ribeira Enrique Paisal informa da apertura dun período de pre-inscrición para a Escola Municipal de Música dada “a previsibel contratación de profesorado para este actividade do Conservatorio Municipal”. A Escola está destinada para nenos e nenas de 3 a 7 anos. As prazas son limitadas e adxudicaranse por orde de chegada dos correos electrónicos.
O formulario pódese completar na ligazón específica habilitada na web municipal e enviar a secretario. conservatorio@ribeira.gal.
Por outra parte, en previsión de que unha vez matriculado todo o alumnado oficial puidese quedar algunha praza vacante, o Conservatorio abriu tamén un período de pre-inscrición na modalidade oínte do conservatorio (a partir dos 8 anos). Para facer dita pre-inscrición será preciso chamar en horario de mañá ou enviar un email co nome, teléfono, idade e instrumento no que se desexa facer a pre-inscrición. Teléfono: 981 87 32 04 ou no devandito correo.