En Outes o Concello mellora a seguridade na ponte do Requeixiño

20 Setembro 2021

O Concello de Outes segue adiante coa súa liña de traballo para mellorar infraestruturas e equipamentos, poñendo o foco na seguridade e na accesibilidade. Este precisamente foi o cometido dos labores levados a cabo na ponte do Requeixiño, na estrada que vai á praia de Broña, que vén de ser obxecto “dunha pequena pero importante actuación de seguridade viaria”, explicou o Concello, engadindo que os traballos remataron na semana que vimos de deixar atrás.

O obxectivo concreto das tarefas realizadas na ponte que cruza o río Bendimón foi o de mellorar a seguridade neste treito de estrada, tanto a relativa aos peóns como aos condutores, unha vía que ve aumentada cada ano a afluencia de tráfico por mor do atractivo turístico da praia de Broña, que é unha das máis próximas da nosa comarca a Santiago de Compostela.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Rairiz de Veiga” – Xosé González Martínez

“Rairiz de Veiga” – Xosé González Martínez

O próximo día 25, despois da misa dominical, ás 11.30 horas, celebrarase na parroquia de Rairiz de Veiga, do homónimo concello ourensán da Limia, un acto promovido pola Asociación de Funcionarios-as para a Normalización Lingüística encadrado na iniciativa En galego,...

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.