En marcha a primeira Organización LGBT+ Ría da Estrela

25 Setembro 2021

Un colectivo de “veciñas, veciños e veciñes” de Muros, Outes, Mazaricos e Carnota traballan para crear a primeira organización LGBT+ da comarca, Avante LGBT+ Ría da Estrela (Norte).

A idea é agruparse dentro da organización galega Avante LGBT+ sendo a primeira asamblea propiamente rural, xa que Avante LGBT+ ten implantación nas 7 cidades galegas.

O proceso desencadenouse a raíz do interese xerado na zona, e o grupo promotor segue xestionando contactos nas zonas Noia, Porto do Son e Lousame, para intentar crear unha entidade común para ese territorio.

”Non descartamos que, tras as vagas de odio que hai en contra do colectivo tamén se sumen compañeires de toda a Costa da Morte”, animan dende o sur da bisbarra. ”Animamos a todas as persoas que así o desexan a poñerse en contacto co mail Nacional de Avante LGBT+ e as súas redes sociais ou se precisan coñecer máis deste movemento que xurde na Ría da Estrela chamen ao teléfono 627737874”. (quepasanacosta.gal)

Outros artigos

En Muros o Concello comeza as obras para sanear e renovar a rúa Real

O Concello de Muros informou do comezo as obras para o saneamento e a renovación do pavimento da rúa Real, cun investimento de 240.000 euros. Por este motivo, desde este xoves, 22 de xaneiro, e ata novo aviso, permanecerá pechado ao tráfico o acceso á rúa Real dende a...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Ferrocarril: entre o negocio e a vida” – José Luis Calo

“Ferrocarril: entre o negocio e a vida” – José Luis Calo

A liberalización do transporte ferroviario incrementou notablemente o número de trens que circulan polas nosas vías. A entrada de operadores privados transformou o sistema, pero tamén elevou as esixencias sobre unha infraestrutura que debe ser, por encima de todo,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.