En Lousame o Consistorio inviste máis de 40.000 euros na posta a punto do Pavillón da Silva

17 Setembro 2021

O Concello de Lousame informou dun investimento de 41.168,70 euros de fondos propios e procedentes da Secretaría Xeral para o Deporte en traballos de reparación, mantemento e mellora do interior e dos vestiarios do Pavillón Municipal da Silva. O obxectivo destas obras é optimizar o estado actual do edificio do inmóbel, incluído o volume de vestiarios, que, segundo fai saber a rexedora, Teresa Villaverde, “presenta oxidación dalgúns elementos e desgaste da pintura”. A alcaldesa engadiu que “a maiores aproveitaremos para colocar butacas nas gradas e instalar un cortaventos na entrada, para manter unha mellor temperatura no interior da instalación”.

As obras comezaron neste días coa desmontaxe dos elementos de sinalización (carteis, letreiros…), a limpeza manual da fachada e do chan e a retirada de elementos enferruxados, sobre todo nos vestiarios (nas columnas das duchas, nas barras de suxeición do baño adaptado e, en xeral, dos elementos metálicos dos vestiarios). Acto seguido procedeuse a instalar un cortaventos no portal de acceso á instalación, que evitará o arrefriamento do interior do pavillón, e colocáronse os asentos nas gradas do polideportivo, fixados ao soporte.

O Concello explicou que nos vindeiros días procederase a revestir o interior da instalación cun taboleiro de fibras de madeira de pino, despois de que durante esta semana viñéranse aplicando dúas mans de esmalte de poliuretano e outras dúas de pintura plástica de cor branca. Así mesmo, procederase a cambiar as portas de acceso ao polideportivo por unha nova porta metálica cortalumes de meirande espesor e que “garantirá un mellor illamento térmico e acústico da instalación”, apuntou o Goberno local, engadindo que esta actuación completarase co cambio de varias portas interiores.

Finalmente, procederase a substituír as columnas de ducha dos vestiarios por outras con temporizador axustábel entre 20 e 35 segundos, así como colocar unha nova barra de apoio para o baño adaptado co vistas á accesibilidade e seguridade das persoas con dificultades de mobilidade. As obras teñen un prazo de execución de 3 meses, se ben se agarda que poidan estar rematadas nas próximas semanas.

Estas obras complementas as realizadas polo Concello de Lousame no ano 2019, cando investiu algo máis de 92.000 euros na mellora do illamento térmico e acústico do polideportivo municipal, que incluíron o cambio da cuberta por outra de paneis sándwich illantes, a colocación de novos canos e a aplicación dun tratamento anticorrosivo á estrutura metálica da instalacións.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.