En Lousame convocada a 19 edición do programa de envellecemento saudábel Activa-Mente

08 Setembro 2021

A Concellería de Servizos Sociais do Concello de Lousame convoca por 19 ano consecutivo o Programa Activa-Mente, unha iniciativa de balde encamiñada a mellorar a calidade de vida dos veciños e veciñas maiores de 60 anos a través de actividades dirixidas a manter e mellorar capacidades como a atención, a memoria, o cálculo ou a linguaxe.

Os obradoiros arrincaron esta semana e as clases impartiranse todos os martes nos locais sociais do Sanguiñal (10:00 horas), Aldeagrande (11:30 horas), Vilacoba/Lesende (16:00 horas) e Escabia (17:45 horas); así como os mércores en Cruído (10:00 horas).

O programa está aberto a todos os veciños e veciñas de Lousame maiores de 60 anos. A inscrición é totalmente de balde e pode facerse en calquera momento do ano nos Servizos Sociais de Lousame, chamando ao 981 820 494 ou por WhatsApp no 689 126 385.

As clases, dunha hora de duración, inclúen actividades para manter e mellorar capacidades como a atención, a memoria, as funcións executivas, o cálculo ou a linguaxe. “Trátase dunhas áreas”, explicaron dende Servizos Sociais de Lousame, “que se traballan mediante dinámicas e exercicios adaptados tanto ao nivel do grupo como ao de cada persoa participante, e que este ano tamén teñen que seguir os protocolos sanitarios fronte a COVID-19”.

A concelleira de Servizos Sociais, Silvia Agrafojo, engadiu que o obxectivo é “mellorar a calidade de vida dos nosos maiores exercitando a súa memoria para así previr ou retardar a aparición do deterioro cognitivo, ao tempo que se promove a xuntanza destas persoas, sempre baixo os protocolos establecidos fonte á COVID-19”.

O programa está organizado polo Concello de Lousame, que conta coa colaboración da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“De la furia al talento” – José Castro López

“De la furia al talento” – José Castro López

El próximo fin de semana vuelve la Liga y es un buen momento para recordar el triunfo de La Roja en el Mundial y desear que el fútbol español conserve los valores que hicieron posible aquella gesta. En los Juegos Olímpicos de Amberes de 1920, España se enfrentaba a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.