En Boiro iniciáronse o pavimentado de tres camiños de acceso a parcelas agrícolas

30 Setembro 2021

O Concello de Boiro vén de comezar en Bermo o asfaltado de tres camiños rurais de acceso a parcelas agrícolas. A obra forma parte do proxecto para o pavimentado deste tipo de vías que se realiza con cargo ás axudas do plan 2021-2022 que concede a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER). O alcalde, José Ramón Romero, e o concelleiro de Urbanismo e Obras, Luis Ruiz, visitaron este xoves 30 o lugar onde se iniciou a execución das obras.

O importe total da actuación é de 49.523,57 euros e, con esta contía, vaise actuar en tres puntos do municipio que son dous camiños en Bermo, na parroquia de Boiro, e un en Pomar do Río, na parroquia de Cures. Trátase de vías rurais, que na actualidade se atopan nun estado deficiente. No primeiro dos camiños que se vai executar en Bermo, de 6295 metros lineais e de 5 metros de ancho. En Bermo vaise actuar noutro espazo de 648 metros lineais e en Pomar do Rio vaise actuar nun tramo de 351 metros lineais, de 3,5 metros de ancho.

As actuacións realízanse mediante unhas axudas da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER), correspondentes ao Plan de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas para facilitar o seu paso e tamén que ten como obxectivo mellorar a accesibilidade e interrelación entre pequenos núcleos do territorio rural.

Outros artigos

En Boiro, aprobados os 954.642 euros do POS+ adicional da Deputación

A Corporación do Concello de Boiro celebrou este xoves 22 de outubro o seu novo pleno ordinario, unha sesión que se puido verse novamente a través da canle municipal de Youtube e que saldou, entre outros, coa aprobación definitiva do POS+ adicional da Deputación da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.