“É culpable?. Antón Luaces

Sen engadir máis nada. Directo. Escueto. Hai resposta. Respostas, máis ben: Pablo Costas Villar, capitán do pesqueiro Cobija actualmente propiedade dunha compañía somalí, visitou hoxe en Vigo a persoal médico que, após un chequeo exhaustivo do mariño, avaliarán o seu estado e dictaminarán o que debe facer para se recuperar das doenzas múltiples que lle afectan e que poden ser consecuencia das calamidades vividas neste últimos once meses a bordo dese pesqueiro atracado no porto de Al Mukalla, no Iemen do Sur. É unha das importantes cuestións a resolver: recuperar a saúde.
Pero hai outras moitas máis que teñen que ver coa súa actividade coma capitán dun pesqueiro sobre o que o Goberno australiano, a organización medioambientalista australiana Sea Sepherd e a Interpol verteron e verten acusacións relativas á práctica de pesca ilegal. Da man destas tres fontes, usuarios de redes sociais como face book engaden opinións e inquina non sei se por experiencia propia nun asunto tan delicado como á e profesionalidade dun mariño, de porque coñecen o proceder dese barco, se por evidencias que eles mesmos acumularon -hai quen dí que coñece a Costas e que este sabía onde se metía cando embarcou no Cobija-… e, pola contra, están os que imparten bendicións urbi et orbi pola súa repatriación, os que consideran inhumano o trato recibido en Iemen e mesmo láianse do desleixo das autoridades diplomáticas españolas a respecto dun ciudadano español indebidamente acusado, etc., etc.Pablo Costas Villar dixo en Madrid, máis nada pisar territorio do aeroporto Adolfo Suárez de Barajas, que chegaba con gañas de dar guerra, de contar a verdade do vivido no Iemem e non calar porque non ten nada que ocultar.Se é así, por que hai quen insiste machaconamente nesa culpabilidade nos demostrada nen siquera nas acusacións de Sea Sepherd baseadas en suposicións e que tampouco serviron para que un tribunal que o xulgou no Iemen o condeara a algo máis que a retención de tres meses a bordo do barco que mandaba?.Quixera ser imparcial. Non deixarme levar por sentimentos de apoio a quen padece. Pero non vexo claro -aínda que teño referencias como as das acusación de Sea Sepherd ou de organizaciòns policiais supranacionais como è Interpol- que un pobo, Bueu, que o coñece de sempre e que demandou a súa liberación e a intervención do Estado español para repatrialo, fora enganado por ese fillo da vila que leva nesta desde o pasado venres pola noite.É culpable Costas Villar de ter realizado pesca ilegal?. E se foi así, por que os gardacostas autralianos non apresaron ao Cobija nas súas augas, por que levaron a cabo a inspección deste barco a 500 millas da costa autraliana fora da Zona Económica Exclusiva dese país das nosas antípodas, por que non hai unha fotografía do buque con datos sobre o lugar no que supostamente pescou robalo de profundidade ou pescada negra?…. Que pesa máis: as incertezas das acusacións nos demostradas ou a negación de Pablo Costas de que el non é un delincuente?. Quen desatou esa furibunda resposta contra a súa persoa nas mesmas redes sociais que, vai tan só uns días, clamaban pola intervención de Ministerio español de Asuntos Exteriores?. Hai interese en condear nun xuizo de redes sociais a un home que temeu pola súa vida e que afirmou en rolda de prensa que había interese en que morrera no barco?.Que está a pasar con Pablo Costas?. Oculta algo este mariñeiro galego, que gañan Australia e Sea Sepherd acusando sen probas a este home, que interese hai en silenciar o nome do verdadeiro propietario do Cobija -ou como agora, oficialmente, poda chamarse este buque?. Ata o de agora facíase referencia ao suizo do telediario. Actualmente, neste caso, é o xuízo de Internet, das redes sociais.E sen probas efectivas.