Dodro convoca o concurso literario “Das viaxes e dos soños”

16 Setembro 2021

O Concello de Dodro convoca unha réplica do Premio Eusebio Lorenzo Baleirón, o “Mini
Premio Eusebio Lorenzo Baleirón: Concurso literario “Das viaxes e dos soños”, dirixida, neste caso, ao
alumnado da ESO. O certame toma o seu nome da obra que o poeta de Dodro publicou no ano 1985,
con só 23 anos, na que se narraban as historias de Brais e Anselmo, en cuxa última páxina decía así:
“Esta é a historia dun suceso non sei se pasado ou presente, non sei se soñado ou vivido. Esta é a
historia dun desexo expreso en palabras. Unha viaxe no interior dun neno e dun home que a súa
maneira son tódolos nenos e homes que coñezo, un camiño trazado pola neboa e a lembranza…
Estas son voces que falan por si mesmas, ninguén máis guiará o seu destino. Eles, coma nós, saben
que soñar sempre será necesario…”. Polo tanto este concurso ten como obxectivos: promover a
creación literaria, o uso da lingua galega e a creación artística entre a mocidade “que soña” como
diría o propio autor.
A participación no certame será individual, na modalidade de fotocreación ou de
videocreación literaria, pois o Concello entende que a linguaxe literaria debe adaptarse aos novos
soportes de comunicación cos que actualmente convive a mocidade. As obras presentadas estarán
en lingua galega e versarán sobre as viaxe e os soños.
O prazo de presentación dos traballos rematará o día 31 de novembro. As bases do premio
poden consultarse na web municipal: www.dodro.gal.
O premio consistirá nunha peza exclusiva do ceramista galego Nacho Porto e nun lote de
libros, a súa entrega realizarase no marco do acto oficial de entrega do XXXIV Premio de Poesía
Eusebio Lorenzo Baleirón, prevista para o 11 de decembro no CPI Eusebio Lorenzo Baleirón.

Outros artigos

O Mercado Municipal de Ribeira convértese nun espazo cardioprotexido

Ribeira conta cun desfibrilador nunha das súas instalacións municipais: o mercado da cidade. Trátase dunha medida que pon en marcha o Concello para “seguir incrementando os espazos cardioprotexidos do municipio respondendo a criterios como os de maior concorrencia,...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“De momento… no es así…”. José Fernández Lago

“De momento… no es así…”. José Fernández Lago

Puedo continuar afirmándolo porque lo veo con toda claridad, después de haber estado siempre atento a lo que sucedía. Sí, aunque otros de quienes cabría esperar que estuvieran comprometidos en ello no hayan respondido adecuadamente, yo he estado siempre inmerso en lo...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.