Deputación e Concello mellorarán a rede de saneamento de Serres (Muros)

07 Setembro 2021

A Deputación da Coruña e o Concello de Muros veñen de xuntar forzas para optimizar a rede de saneamento no Camiño Real, na parroquia muradá de Serres, e acondicionar o estacionamento público da rúa do Cabo, en Muros. As actuacións atópanse en fase de licitación ata o vindeiro 23 de setembro e contarán cun orzamento de 217.926 euros, con cargo ao Plan Único provincial.

Os traballos previstos inclúen a construción dunha rede separativa de augas residuais a través da instalación dunha tubaxe para a recollida de pluviais e outra de fecais no lugar de Baño, en Serres. Segundo informou a Deputación, permitirán ofrecer un mellor servizo á veciñanza da contorna e, ao mesmo tempo, suporá un beneficio para o medio ambiente, “xa que na actualidade o saneamento verte indirectamente á ría, co conseguinte impacto nunha zona moi sensíbel na que se desenvolven tarefas de marisqueo”.

A iniciativa inclúe a instalación de pozos de rexistro e sumidoiros e a reposición do firme da estrada, coa correspondente pavimentación e nova sinalización horizontal e vertical. Os labores contan cun presuposto de 172.910 euros, dos que a Deputación achega o 85,6 % (148.086 euros) e o Concello o restante.

O Plan Único tamén dedica un total de 45.016 euros, financiados ao 100% pola Deputación, ao acondicionamento do aparcadoiro público na Rúa do Cabo, en Muros. Os traballos, segundo explica a entidade provincial, “permitirán facer deste espazo un lugar máis seguro e funcional a través da reposición do pavimento do espazo con firme bituminoso, a retirada do material inestable dun noiro en mal estado ao fondo da parcela e o acondicionamento do lindeiro dereito do lugar”. Crearanse dous pozos con resalto e dúas tubaxes paralelas para a recollida de pluviais e fecais. Así mesmo, instalaranse xardineiras de granito e un muro de mampostería tras elas cunha altura próxima aos dous metros. O prazo de execución das tarefas é de tres meses.

Outros artigos

Soa Xuño encherá Muros de música neste final de curso

Esta semana celebrouse en Muros a presentación de Soa Xuño, o programa de actividades da Escola Municipal de Música de Muros para o presente mes, na que participaron a alcaldesa de Muros, María Lago; a concelleira de Ensino, Laura Rivadeneira; o director da Escola...

+

Este sábado celébrase o VIII Triatlón Mar de Muros

O Concello de Muros presentou a VIII edición do Triatlón Mar de Muros. Trofeo Iván Raña, que se celebrará este sábado 6 de xuño coa participación de máis de 140 atletas. Participaron na presentación a alcaldesa de Muros, María Lago; o concelleiro de Deportes, Damián...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...