Deportes de Noia asina convenios con oito clubs do termo municipal

28 Setembro 2021

A pasada semana a concelleira de Deportes do Concello de Noia, Laura Salgado, reuniuse con representantes dos diferentes clubs do termo municipal para asinar os convenios de colaboración que servirán de marco para o traballo conxunto do Consistorio e as entidades e farán posíbel unha parte relevante dos programas previstos polas segundas.
Estes convenios, salientou Laura Salgado, supoñen “unha importante axuda económica para que os clubs poidan levar a cabo as súas actividades deportivas ao longo do ano”.
Os clubes que firmaron o convenio nos últimos días foron:

– CPC Toxo
– CLUB Voleibol NOIA
– Club ITF Noia
– Ximnasio Maniotas
– Escudería Berberecho
– Noia Portus Apostoli FS
– Club Atletismo Noia
– ADECO DEA Noia

Esta previsto continuar coa formalización de máis acordos ao longo destes últimos días de setembro.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.