Comparece a conductora do coche que se deu á fuga tras derrubar un poste en Aguiño

02 Setembro 2021

A propietaria dun Volkswagen Touran de cor granate compareceu nas dependencias da Policía Local de Ribeira despois de darse á fuga tras verse implicada nun accidente de tráfico na Avenida Francisco Lorenzo Mariño, en Aguiño, indicando que creu que só tiña danos o seu vehículo.

O coche que conducía, da marca Volkswagen e de cor granate saíuse onte da vía levándose por diante un poste do tendido eléctrico.

O sinistro produciuse na rúa Francisco Lorenzo Mariño ao redor das 15.50 horas e debido ao forte impacto o poste foi arrincado de raíz e quedou tendido sobre a beirarrúa. Coa descrición facilitada trátase de localizar ao causante do accidente que causou cuantiosos danos materiais.

Foto Tino

O vehículo causante dos danos deixara varias pezas no sitio, como a parte dereita da defensa dianteira, a insignia e outros elementos que axudarían á súa identificación e localización. Unha testemuña presenciou como o coche emprendeu a fuxida, pero non puido precisar a dirección que tomou. A dona da casa situada xunto o poste dixo que escoitou un forte estrondo e que cando saíu á rúa xa non estaba o vehículo causante das desfeitas. Tamén indicou que a fachada da súa vivenda sufriu danos.

Outros artigos

O Concello de Ribeira dota ao porto de Aguiño dunha marquesiña

A veciñanza da parroquia de Aguiño xa dispón dunha marquesiña nas inmediacións do porto despois de que a brigada municipal de obras procedese coa súa fabricación e colocación. O Concello de Ribeira dá así resposta a unha demanda veciñal dilatada no tempo para protexer...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Sobre el Papa León XIV” – Manuel Domínguez

“Sobre el Papa León XIV” – Manuel Domínguez

El Papa León XIV, presidente de la Ciudad del Vaticano. Solo datos, no opinion Nos habla con palabras de amor, de la dignidad, del derecho de los oprimidos, de atender y dar protección a quienes buscan un futuro en Europa que en sus países no tiene. El pontífice, que...

“Sobre el Papa León XIV” – Manuel Domínguez

“El viejo cura de aldea” – Manuel Domínguez

El viejo cura de aldea. ¿Le conocí? Don Juan era un sacerdote muy apreciado por los niños, muchos se turnaban para ser monaguillos. Ciertamente alguna tarde solía repartir algún caramelo entre los niños buenos y los no buenos eran buenos, tal vez traviesos. El maestro...