Comezan as obras de mellora do edificio da UAD de Ribeira

16 Setembro 2021

O Concello de Ribeira informa de que esta semana arrancaron as obras de acondicionamento e mellora da envolvente exterior do edificio da UAD: unha actuación que está sendo realizada pola empresa Obras y Viales de Galicia, S.L..
A intervención comporta un investimento de 361.420 euros, IVE incluído, subvencionado en virtude do convenio de colaboración subscrito polo Instituto Galego de Vivenda e Solo e o Concello de Ribeira para o acceso ao fondo de cooperación para o apoio e financiamento de actuacións e rehabilitación e conservación de patrimonio construído en concellos de menos de 50.000 habitantes.
A edificación existente ten unha antigüidade de corenta anos (1978- 1980) e aínda que o seu estado de conservación é aceptable, precisa dunha posta a punto no referente á envolvente térmica.
O proxecto técnico elaborado comprende as seguintes accións:
 Cuberta: substitución por outra con tella cerámica ademais de illamento térmico baixo a cuberta.
 Fachada: reparación de patoloxías nos balcóns e aleiros existentes, a base dun tratamento e de reparación de gretas;
así como o revestimento exterior cun sistema SATE en toda a fachada para a mellora das condicións térmicas do edificio.
 Carpintería exterior: substitución por unha nova carpintería de aluminio.
 Implantación dun ascensor panorámico e reforma e ampliación do hall de entrada.
O prazo de execución son catro meses.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Dios está tristemente enfadado”. Manuel Dominguez III

“Dios está tristemente enfadado”. Manuel Dominguez III

El pastor evangélico Tom Mullins y una veintena de más colegas, todos portavoces de la palabra de Dios. Oran en la Casa Blanca, rodeando al presidente D Trump, y rogando a Dios le dé a Trump, sabiduría para su corazón y su mente. Aquí vemos que Dios no puede hacer...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.