Bruno Iglesias, do Náutico de Ribeira, gañador absoluto no Trofeo Xacobeo 2021

27 Setembro 2021

O mozo Bruno Iglesias, regatista do Club Náutico Deportivo de Ribeira, proclamouse este fin de semana vencedor do Trofeo Xacobeo 2021, primeira proba puntuábel da nova tempada de Optimist, que se disputaba en augas de Sanxenxo cun total de 138 participantes.

Segundo informou o Náutico de Ribeira, Iglesias non só venceu na súa categoría, a Sub13 senón tamén na absoluta, Sub16, impóndose a Fernando González del Castillo e Andrés Gago, ambos do Real Club Náutico da Coruña.

Mentres, na categoría feminina Natalia Domínguez (RCN Sanxenxo) impúxose a Inés Ameneiro (RCN Vigo).

Cun total de 6 mangas disputadas, o máximo previsto, Iglesias mostrou a súa polivalencia, logrando mandar na clasificación tanto o primeiro día, con ventos frouxos, como tamén na segunda das xornadas, con vento forte do suroeste e mar de fondo.

En canto ao resto do equipo, o Náutico de Ribeira salientou “o bo facer de todo o grupo”, logrando meter até 3 deportistas entre os 15 primeiros da xeral absoluta.

Por outra banda, as mozas Olivia Sampedro, Nerea Suárez e Carolina Cadavid fixeron a súa primeira regata como membros da Escola de Vela Ramiro Carregal Rey.

Outros artigos

O PSdeG-PSOE de Ribeira pide obras inmediatas no CEIP O Grupo

O Grupo Municipal Socialista de Ribeira levará unha proposición ao pleno para reclamar unha actuación urxente no edificio de educación infantil do CEIP O Grupo, ante o que cualifican "un avanzado estado de deterioro dunha cuberta onde a vexetación medra de forma...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Valentía política” – José Manuel Pena

“Valentía política” – José Manuel Pena

A maior parte dos nosos políticos e gobernantes sempre falan, publicamente, do cumprimento da legalidade vixente. Á parte de que son eles os encargados de lexislar, non chego a comprender de que tipo de legalidade falan, se das leis ordinarias, dos Reais Decretos...

“Miseria humana” – Manuel Domínguez

“Miseria humana” – Manuel Domínguez

Todas las encuestas, absolutamente todas dan el resultado que en estas elecciones se llevaran un varapalo enorme, que la caída será de órdago, lo saben. Pierden como estaba previsto, tardan en analizar el fracaso. Resultado la culpa del fracaso es del muerto, la culpa...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.