Boiro contará cunha aula de estudo 24 horas

01 Setembro 2021

O Concello de Boiro, na súa liña de mellorar a atención e os equipamentos para a cidadanía, vai implantar un servizo que permita o acceso as 24 horas á aula de estudo do Centro Social de Boiro. Porase en funcionamento coincidindo co novo curso e tamén está previsto que se aplique no espazo de coworking situado no Viveiro de Empresas

Con esta medida, ponse a disposición da veciñanza o servizo e acceso durante as 24 horas os 365 días do ano para permitir a dispoñibilidade dos espazos, totalmente equipados, e poder facer uso deles todos os días do ano, incluíndo festivos, e tamén durante as noites.

Unha vez posto en marcha o servizo, todas aquelas persoas interesadas en facer uso das instalación terán que realizar unha solicitude para que se lle facilite unha tarxeta individual e intransferíbel coa que poder acceder ao espazo solicitado. Mediante esta tarxeta rexístranse as persoas que entran e fan uso das instalacións e pode levarse un control de capacidade dos espazos.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.