As Travesías de Raquel Queizás chegan este 24 á Casa da Cultura de Boiro.

20 Setembro 2021

A actriz, escritora e contadora Raquel Queizás estará este 24 de setembro na Casa da Cultura de Boiro para achegar un novo espectáculo de contacontos para a rapazada: o espectáculo Travesías. Comezará ás 20.00 horas e terá capacidade limitada (cómpre reservar entradas na web municipal dende dous días antes da función).

Travesías é unha proposta para público familiar (con nenas e nenos de máis de tres anos) con obxectos e monicreques que nos convida a “unha viaxe cheas de aventuras nas que coñeceremos a nenas e mulleres bravas que loitaron contra os prexuízos para conseguir os seus soños”. Nos diferentes relatos que inclúe o espectáculo, a autora porá o foco nos valores de igualdade, de respecto e convivencia entre nenas e nenos e entre mulleres e homes.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

O Congreso dos Deputados aprobou  -medio século dempois da ocupación do Sáhara Occidental por Marrocos- a nacionalización de saharauís, feito que se produce en plena polémica co país norteafricano. A medida pode afectar/beneficiar a aproximadamente 80.000 persoas e os...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.