Amas de Casa de Ribeira promove a celebración dunha ruada para exaltar o traxe galego

03 Setembro 2021

Por iniciativa da Asociación de Amas de Casa de Ribeira, o próximo 11 de setembro cadrando coa conmemoración da festividade de Santa Uxía, patroa da cidade, terá lugar unha exaltación do traxe galego como patrimonio da nosa historia que descorrerá polo casco urbano. A presidenta da entidade, Puri Cores, xunto a membro da entidade
Maricarmen Pardavila, e a concelleira de Cultura María Sampedro, explicaron as características do evento, denominado Primeira Ruada do Traxe Aires de Dorna, que dará comezo ás 18.30 horas dende o Auditorio.
A ruada concluirá ás 20 horas na praza do Concello logo de pasar por Romero Ortiz, rúa de Galicia, Rosalía de Castro, monumento de Amas de Casa, regreso por rúa Galicia, Rosalía de Castro e praza do Concello. A continuación terá lugar un desfile na praza do Concello e actuarán diversos grupos da asociación. Cumpriranse en todo momento os protocolos covid.
Puri Cores agradeceu a colaboración do Concello (en especial da Concellería de Cultura), de Maricarmen Pardavila e Juana Hermitas como artífices de que a organización da iniciativa chegase a bo porto, e por suposto a todas as persoas participantes: unhas 150 a día de hoxe, estando representados uns 20 grupos de Ribeira e concellos
limítrofes. Así mesmo, explicou que a maioría dos traxes que se van exhibir son propiedade da asociación Aires de Dorna de Amas de Casa, fundada en 1985, aínda que tamén os hai pertencentes a coleccións privadas.
De igual xeito, dende a organización se recalcou que se tratou de contactar con todos os grupos da contorna, pero se algún se sentise esquecido e se quixera sumar pode poñerse en contacto con Amas de Casa en amasdecasaderiveira@gmail.com ou nos teléfonos 639 813 952 e 696 723 293.

María Sampedro manifestou que é unha satisfacción ter a oportunidade de poñer en valor o traxe galego cadrando con Santa Uxía e aplaudiu que se superasen as expectativas nesta primeira edición. “Espero que estes sexan os cimentos dunha festa que quede instaurada no noso concello”, manifestou.
As participantes animaron a toda a veciñanza a implicarse nesta iniciativa.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cita a ciegas, en la tele”. Manuel Dominguez

“Cita a ciegas, en la tele”. Manuel Dominguez

Hay un programa en la tv, de cita a ciegas, lo veo, desde mi afición al conocimiento humano y a la sociología, desde, cuando conocí a Amado de Miguel. Hay una pregunta para mi extraña, la que las chicas hacen a los chicos, ¿Y tú cuantas veces puedes hacer el amor en...

“Altri, la tragedia que se avecina” – Manuel Domínguez

“Altri, la tragedia que se avecina” – Manuel Domínguez

Además de a Rianxo, Boiro, A Pobra y Ribeira, el agua del Ulla llega a Padrón, Dodro, Catoira, Valga y Pontecesures, y también está conectado Vilagarcía. En total, cerca de 150.000 personas las que se abastecen de una red que actualmente presenta algunas dificultades...