Arrinca o proxecto Voces Centenarias con Rafael Dieste, Filgueira Valverde e Maruxa Boga

13 Setembro 2021

Con motivo da celebración deste 13 de setembro, cabodano de Filgueira Valverde, o Consello da Cultura Galega puxo en marcha o proxecto de dixitalización e recuperación documental Voces centenarias, unha nova iniciativa do CCG destinada a poñer en valor o noso patrimonio cultural e, en concreto, permitíndonos escoitar gravacións das persoas sobranceiras (da cultura, da política, da emigración) da nosa cultura a través da web da institución.

O escritor rianxeiro Rafael Dieste

Coa voz de Filgueira Valverde, xunto coa do escritor rianxeiro Rafael Dieste e a da xornalista e actriz galego-arxentina Maruxa Boga, o Consello da Cultura Galega (CCG) bota a andar unha proposta que “peneira no fondo inédito que custodia o Arquivo Sonoro de Galicia (ASG) para ofrecer mensualmente unha escolma das súas gravacións sonoras”. Ás devanditas voces engadiranse en breve as de Valentín Paz-Andrade, Ramón Suárez Picallo, Ramón Otero Pedrayo, Fernando Iglesias “Tacholas” e moitos outros a través dos que podemos coñecer a contribución de cada un dos nosos intelectuais nos distintos eidos do coñecemento ou da política, do uso da lingua galega alén mar nos anos 50; ou a presenza da poesía e o teatro na emigración.

O Arquivo Sonoro de Galicia foi creado en 1992 co propósito de contribuír á recuperación do patrimonio sonoro galego e aglutinar en Galicia as distintas iniciativas que traballan co mesmo afán. A recompilación, a preservación máis a catalogación e a difusión son os aspectos principais deste centro, que conta con fondos editados e fondos inéditos. Actualmente está dirixido por Xosé Ramón Pousa e ten entre os seus membros a Rafael Cid, Concha Losada, Xulia Feixoo, Mónica Rebolo, Xerardo Dasairas Valsa e Cristina Pujales.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.