ANFACO- CECOPESCA achegará a 16 localidades a calidade das conservas do mar coa iniciativa “Cata a Cata”


GALICIA LOCE NA RÚA A CALIDADE DAS CONSERVAS DE PRODUTOS DO MAR E O APOIO A ESTE SECTOR COA INICIATIVA ‘CATA A LATA’

ANFACO- CECOPESCA presentou na xornada de hoxe, en colaboración con Vegalsa- Eroski e a Consellería do Mar, a campaña de posta en valor das conservas galegas “Cata a Lata”. A través desta iniciativa búscase achegar aos consumidores os enlatados autóctonos, incrementando a súa visibilidade e ofrecendo degustacións que
permitan dar a coñecer a súa versatilidade culinaria nun roteiro itinerante que percorrerá Galicia durante os meses de setembro e outubro.
O acto de presentación da campaña, que se celebrou no Eroski Center de Vilanova de Arousa, contou co respaldo institucional tanto da Consellería do Mar da Xunta de Galicia como do Concello de Vilanova, a través da conselleira Rosa Quintana, da directora xeral de pesca, acuicultura e innovación tecnolóxica, Mercedes Rodriguez e o tenente alcalde, concelleiro de economía e industria do Concello de Vilanova de Arousa, Javier Tourís; acompañados polo
director xeral de Vegalsa-Eroski, Joaquín González; o director de compras da compañía, Jorge Eiroa, e pola directora de Relacións institucionais e Comunicación, Gabriela González, así como polo secretario xeral de ANFACO- CECOPESCA, Juan Vieites. Tamén participaron representantes do sector conserveiro galego como Calvo, Isabel, Cuca, Rianxeira, Friscos, Pescamar, Orbe, Gálica e Ribeira.
“Esta acción conxunta pon de manifesto o compromiso de Vegalsa-Eroski coas conservas galegas, sendo esta categoría unha das máis representativas para a empresa no que a compras a provedores locais refírese, destinando o pasado ano á súa adquisición máis de 22 millóns de euros, un 9% máis que no ano 2019, dispoñendo así de 300 referencias
nos seus lineais compradas a un total de 22 provedores, incluíndo a súa marca propia”, sinalou na súa intervención o director xeral de Vegalsa-Eroski, Joaquín González.

Esta colaboración é unha aposta máis para visibilizar os produtos galegos dando a oportunidade de gozar da calidade, tradición e innovación das conservas galegas nos establecementos: Hipermercados Eroski, Supermercados Eroski Center e Autoservizos Familia.
Pola súa banda, o secretario xeral de ANFACO- CECOPESCA, Juan Vieites, resaltou que “estas campañas son unha mostra da colaboración e bo facer do goberno galego, a industria de conservase a distribución para seguir dando a coñecer a calidade das conservas, así como a súa versatilidade á hora de consumilas, trasladando ademais a súa achega nutricional e saudable”.
Resaltou tamén a importancia socioeconómica deste sector en Galicia, cuxa produción representa máis do 85% da produción nacional.
A conselleira do Mar, Rosa Quintana, indicou que Cata a Lata “busca dar a coñecer a calidade, a orixe e a variedade dos produtos do mar”. Con esa finalidade, engadiu, “atraerá a atención dos consumidores, aumentará as vendas das conservas e mellorará a imaxe da marca Galicia, especialmente a das empresas conserveiras participantes”.
Ademais, a titular de Mar destacou o alto valor formativo e divulgativo desta campaña, pois tamén difunde as propiedades nutritivas das conservas de produtos do mar. Neste sentido, Rosa Quintana subliñou a necesidade de poñer en valor as bondades dos peixes e mariscos “como elementos crave dunha alimentación saudable.
As conservas vanse de roteiro Unha Food Truck rotulada coa campaña ‘Cata a Lata’ pasará por 16 localidades galegas para promocionar as conservas de peixe e marisco, permitindo aos consumidores gozar das mellores tapas do mar maridadas con outros produtos galegos. Para iso, pola compra de calquera produto das empresas de conservas participantes na campaña, poderase gozar dunha degustación gratuíta a base de atún claro, bonito do norte, zamburiñas, luras, sardinillas, mexillóns e ventresca; unha boa representación da ampla variedade de especies
que podemos atopar en conserva.
Os establecementos Eroski e Autoservizos Familia de Vegalsa-Eroski que acollerán nos seus aparcamentos durante o mes de setembro a esta Food Truck serán: o Autoservizos Familia de Ribadumia (7 e 8 de setembro), o Eroski Center de Vilanova de Arousa (10 e 11 de setembro), o Eroski Center de Vilagarcía de Arousa (14 e 15 de setembro), o Autoservizos Familia de Sigüeiro (17 e 18 de setembro), o Autoservizos Familia de Santa Comba (21 e 22
de setembro), o Eroski Center de Teo (24 e 25 de setembro) e o hipermercado Eroski de Noia (28 e 29 de setembro).

Xa no mes de outubro a Food Truck incluirá no seu roteiro itinerante os establecementos hipermercado Eroski de Ribadeo (días 1 e 2), o Eroski Center de Burela (días 5 e 6), o Autoservizos Familia de Melide (días 8 e 9), o Eroski Center de Betanzos (días 11 e 13), o Eroski Center de Mos (días 15 e 16), o Autoservizos Familia de San Andrés de Vigo (días 19 e 20), o Eroski Center Vinte e un de Ourense (días 22 e 23) o Autoservizos Familia A Estrada (días 26 e
27) e o Eroski Center de Sarria (días 29 e 30).

Sobre as conservas de peixe e marisco As conservas de peixe e marisco son alimentos ricos, seguros, versátiles e nutritivos, que ofrecen ao consumidor unha ampla gama de presentacións e preparacións, que conservan todas as propiedades nutricionais e a calidade da materia prima con todo o sabor do mar.
Ademais, o abanico de especies é tan amplo como variado. Sardiñas, agullas, cabalas, atún claro, bonito, mexillóns, berberechos, melva, navallas, ameixas, luriñas, zamburiñas, son só algúns dos peixes e mariscos que podemos atopar en conserva.
Na actualidade, a industria conserveira galega é un referente internacional, cunha ampla e completa oferta de produtos e preparacións, que ofrecen aos consumidores produtos de contrastada calidade, avalada por grandes expertos en gastronomía do panorama mundial.


Sobre ANFACO- CECOPESCA
ANFACO- CECOPESCA, fundada en 1904, é a asociación empresarial española que representa ao sector conserveiro de produtos da pesca e a acuicultura, así como a empresas líderes da “agrupación industrial” do complexo mar-industria, e en concreto da industria de transformación e comercialización de produtos do mar a nivel de conxelados, elaborados, afumados, semiconservas, bacallau e salgaduras, aceites e fariñas de peixe, envases e embalaxes,
maquinaria e servizos auxiliares, entre outros. En total máis de 245 empresas están integradas actualmente a ANFACO- CECOPESCA, que representa a un sector estratéxico para a economía galega e española, e logrou alcanzar unha destacada posición de liderado a nivel internacional.
Desde as súas orixes, ANFACO- CECOPESCA representa e defende os intereses sectoriais da agrupación industrial mariña e alimentaria, e presta servizos de alto valor engadido, a través do seu Centro de Tecnoloxías Avanzadas de Investigación para a Industria Mariña e Alimentaria ( CYTMA).
Entre as súas actividades, destaca o desenvolvemento de campañas e accións de promoción, que baixo o lema Cata a lata, teñen como obxectivo potenciar o consumo de conservas e transformados de peixe e marisco, reforzando a súa imaxe a través das súas excelentes calidades.

Sobre Vegalsa-Eroski
Vegalsa-Eroski conta en Galicia, Asturias e Castela e León con 273 establecementos entre propios e franquiados baixo as marcas comerciais Hipermercados e gasolineiras Eroski, Eroski/ Center, Autoservizos Familia, Cash Record, Eroski/City, Aliprox e Rapid. A súa estrutura comercial en Galicia esténdese polas 4 provincias galegas e conta cunha moderna plataforma de mercadorías xerais, situada en Sigüeiro, A Coruña, dotada con tecnoloxías loxísticas de última xeración, ademais das plataformas de produtos frescos da Coruña e centros de redistribución en Vigo e Ourense. Pola súa banda, a división de Autoservizos Cash Récord de Vegalsa-Eroski conta cun mapa comercial composto por 18 centros distribuídos homogéneamente entre Galicia e Asturias, con fáciles e rápidos accesos en áreas empresariais
con boas comunicacións.