Ambar recibe o Premio o Desenvolvemento Rural 2021 da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural pola súa contribución á dinamización rural

24 Setembro 2021

Este venres 24 de setembro, tivo lugar no Pazo de Treilán (Sarria, Lugo) o Acto de entrega dos Premios ao Desenvolvemento Rural 2021 da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural: Agader da Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia. Nesta 12a edición, a Asociación Ambar das persoas con diversidade funcional foi galardoada pola súa contribución á dinamización rural desempeñada nos últimos 40 anos. na categoría de ‘Proxectos de interese social’ coa iniciativa ‘Ambar’.
Agader premia en cada edición aquelas entidades e actuacións que contribúen de xeito singular a promoción do medio rural e a xerar unha sociedade rural máis dinámica e cohesionada.
O acto que deu comezo as 18:00h retransmitiuse en streaming, coa música da viguesa Margarida Mariño. Foi oficiado por Inés Santé, directora xeral de desenvolvemento rural e Isaías Calvo, secretario xeral de Agader. A el asistiron, representando a entidade: Milagros Rey, presidenta da Asociación Ambar; Alicia Romero, coordinadora da área administrativa da entidade; e Zeltia Iglesias, integradora social de Ambar.
Ambar recibiu o premio da man de Arturo Parrado Puente, Director xeral de Inclusión Social; pola iniciativa ‘Ambar’ na categoría de Proxectos de interese social cunha dotación económica de 10.000€.
Milagros Rey destacou que “Este premio chega nun momento moi especial para Ambar. No 2022 cumpriremos 40 anos de andadura (…). Este premio é o reflexo deste esforzo por promover a igualdade de oportunidades das persoas con diversidade e das súas familias na comarca da Barbanza.
Todo este camiño non sería posible sen o apoio das familias, entidades e actores sociais da nosa comarca.
Agradecer a Agader que valore iniciativas sociais coma a nosa, que contribúen á cohesión social do territorio dende a inclusión, facendo que as diferentes voces que forman a sociedade se escoiten, sexan respectadas e poidan participar na sociedade.

Sobre Ambar
No 1982, nace Ambar para agrupar os esforzos de loita pola defensa dos dereitos das persoas con diversidade funcional, poñendo en marcha campañas sobre o acceso a servizos públicos como sanidade ou educación, ata a creación de campañas sobre accesibilidade. Levamos case 40 anos, prestando servizos a persoas con diversidade intelectual e física e ás súas familias nos concellos de Boiro, A Pobra do Caramiñal, Porto do Son, Ribeira e Rianxo.

A Asociación conta cun grupo social de máis de 1.000 persoas, e presta servizos directos a 310 persoas no último
ano.
• No ano 1993, crea o primeiro Centro Ocupacional da comarca da Barbanza.
• No ano 1994, inicia o primeiro Servizo de transporte adaptado na comarca.
• En 1996, ante a falta de formación básica de calidade, ó non existir políticas educativas de atención á diversidade, Ambar crea o primeiro programa de alfabetización, para promover unha mellora da escolarización das persoas con necesidades educativas.
Na actualidade, o seu traballo na educación vai máis alá, traballando co profesorado para apoiar na atención á diversidade dentro dos centros educativos: no 2019 creamos o programa EduDiversa para a atención á diversidade.
• No 2008, abreu en Ribeira o Centro de Recursos da Barbanza que conta coas instalacións de Centro Ocupacional e Centro de Día.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A vivenda” – José Manuel Pena

“A vivenda” – José Manuel Pena

É un ben de mercado para o negocio particular ou un dereito básico, fundamental e humano, como pode ser a educación, a sanidade, a prestación por desemprego ou a xubilación? A vivenda, en Galicia e no resto de España, continúa sendo un negocio e un ben de...

“A forza da gratitude”. Luís Celeiro

“A forza da gratitude”. Luís Celeiro

Daquela, hai algo máis de cincuenta anos, algúns dos aldeáns e aldeás das aldeas de Lugochegaban ao Instituto para abrir as portas do futuro, pechadas a cal e canto para os fillos daMariña, para os das montañas da Fonsagrada, dos Ancares, do Courel e da Lóuzara...