Alumnado do CEP Salustiano Rey Eiras da Pobra participa nas xornadas locais de turismo mariñeiro

21 Setembro 2021

Un total de 40 alumnos e alumnas de cuarto da primaria do CEP Salustiano Rey Eiras participaron na mañá deste 21 de setembro na primeira das xornadas de turismo mariñeiro dirixidas a escolares.

Os escolares achegáronse nun primeiro intre até o Auditorio do Museo Valle-Inclán, onde foron recibidos por unha das técnicas do Turismo do Concello, para visualizar un vídeo onde se amosa toda a cadea pola que pasan os bivalvos.

Logo, desprazáronse até a praia dos Areos, onde coñeceron de primeira man a profesión das mariscadoras e os tesouros marisqueiros presentes nos areais do municipio, así como os apeiros que se empregan para a extracción.

Destinadas a grupos escolares de infantil e primaria dos centros educativos de toda Galicia, as visitas transcorrerán ao longo dos próximos meses e seguirase o formato das xornadas que se desenvolveron durante o verán.

Esta iniciativa turística vén da man da Concellaría do Turismo da Pobra do Caramiñal, da cal é titular a edil Charo Varela (Nós Pobra), e pola Asociación Mar da Pobra.

Entre os seus obxectivos principais figuran achegar o oficio das mariscadoras ás novas xeracións e fomentar o respecto polo mar, polo traballo neste eido e polo medio natural, ademais de contribuír con esta acción á desestacionalización da demanda turística.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.