AGADEA conmemora o Día Mundial do Alzhéimer coa exposición ‘Retratando en Prata’ que chegará a Ribeira en outubro

09 Setembro 2021

AGADEA conmemora o Día Mundial do Alzhéimer coa exposición ‘Retratando en Prata’ na Fundación Araguaney-Puente de Culturas A mostra, que se inaugura o 16 de setembro, poderá visitarse na Fundación Araguaney-Puente de Culturas de Santiago de Compostela ata o 30 de setembro. Posteriormente viaxará a Ribeira, Vedra e A Estrada.

• Esta colección de retratos de persoas maiores foi realizada de forma altruísta durante os peores momentos da pandemia por un colectivo de ilustradores de toda España.
Con motivo do Día Mundial do Alzhéimer, AGADEA ALHÉIMER inaugura en Santiago de Compostela a exposición
Retratando en Prata. Trátase dunha mostra de máis de 70 retratos de persoas da entidade realizadas de forma altruísta por ilustradores de toda España durante os peores momentos da pandemia.
O acto terá lugar na Fundación Araguaney-Puente de Culturas o próximo día 16 de setembro ás 19.00 h e contará con representantes da consellería de Política Social, membros da alcadía de Santiago, así como os autores das ilustracións,
as persoas retratadas e familiares.
A partir do venres 16 poderá visitarse de 11.00 h a 20.00 h todos os días da semana ata o día 30 de setembro. Posteriormente a exposición viaxará a Ribeira, Vedra e A Estrada.

Homenaxe as persoas que sofren a pandemia
Os retratos que compoñen esta mostra realizáronse nos sete centros que AGADEA ten en Galicia e recollen as imaxes de usuarios e de traballadores durante a pandemia. A iniciativa parte do colectivo de artista Retratando en Prata, formado un grupo de máis de 150 debuxantes de España, que durante o peores momento da pandemia decidiron achegar o seu gran de área para animar ás familias máis afectadas pola COVID.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Viaxar co IMSERSO” – Xulio Xiz

“Viaxar co IMSERSO” – Xulio Xiz

Un amigo asombrouse de que eu viaxase co IMSERSO, por terlle quedado ao sistema a sona de que os participantes son vellos e fan cousas que se supoñen son ou foron de vellos, entrelas os bailes, xogos de cartas, karaokes, e monótonas tardes vendo pasar a vida por...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.