Advirten de tentativas de estafa en Outes e Mazaricos coa escusa de facer comprobacións nos nosos computadores

17 Setembro 2021

En Outes e contorna a Garda Civil e o Concello veñen de lanzar un aviso sobre diversas tentativas de estafa que se están a rexistrar nos últimos días nos concellos de Outes e de Mazaricos. A tentativa de calote consiste nunha chamada dende números de teléfono de Londres (prefixos +44 ou 0044) e nestas comunicacións o estafador, facéndose pasar por traballador de Windows ou Microsoft, pide que accedamos ao noso ordenador e que fagamos unha serie de comprobacións ou instalemos algún programa, coa escusa de que detectaron nel un virus ou algún outro tipo de problema.

Segundo advirte a Garda Civil, o que realmente se busca con estas chamadas é acceder ao noso computador a través do programa instalado e executado e, a partir de aí, roubar claves, datos bancarios ou pedir cartos pola suposta reparación.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.