“A seguridade no golfo de Guinea”. Antón Luaces

11 Setembro 2021

Reforzar a seguridade na zona é o obxectivo da fragata brasileira desprazada ao golfo de Guinea onde a persistente inestabilidade e o desexo de influencia estratéxica están a atraer a novos actores na zona. A mariña brasileira despregou por primeira vez unha fragata, a Independencia, no marco da OPERACIÓN GUINEX-1.
É unha nova oportunidade de interactuación coas armadas locais e pór en práctica a diplomacia naval de Brasilia, cuxo navío tamén interactuo en agosto pasado coa base expedicionaria móbil da mariña dos Estados Unidos, o USS Hershel “Woody” Williams, o único barco permanentemente asignado ao Mando de África dos Estados Unidos e cuxo despregamento na zona marca o renovado interese de Washington. Nos últimos cinco anos, a Mariña estadounidense mandou cinco dos seus buques á zona.

Pola súa banda a mariña italiana  mandou o 3 de setembro un dos seus FREMM, o Marceglia, ao menos ata decembro, á operación nacional Gabinia, de loita contra a piratería. O primeiro FREMM italiano despregouse en abril do ano pasado, o que reflicte o novo interese de Roma no Golfo guineano, con rápidos resultados. O pasado mes de novembro, o Marcinengo axudou á tripulación do petroleiro Torm Alexandra, que fora atacado por piratas a 160 millas de Benín. O Golfo de Guinea é a área na que se produce actualmente o maior número de secuestros de barcos. En 2020 rexistrouse un aumento do 24% na cantidade de intentos e ataques efectivos de piratas no mundo, en comparanza co ano anterior. Os ataques no Golfo de Guinea ten un efecto na economía estimado en máis de 800 millóns de dólares estadounidenses.

Son numerosos os mariñeiros galegos que forman parte das tripulacións de buques que navegan a cotío polas augas do Golfo de Guinea.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...