“A realidade política en Galicia” – José Manuel Pena

30 Setembro 2021

Máis de trinta e cinco anos leva gobernando a dereita en Galicia, con maiorías absolutas consecutivas. Salvo pouco máis de cinco anos de gobernos da esquerda, a Xunta de Galicia estivo capitaneada polo Partido Popular.

Unha poboación envellecida, maioritariamente, máis preocupada por manter os seus dereitos adquiridos, o seu status e en respectar as tradicións de xeración en xeración que aventurarse a dar un voto de confianza para enfrontarse a un futuro incerto e progresista.

Somos moitos os que pensamos que se a esquerda quere chegar a gobernar a Xunta de Galicia terá que traballar unida, deixando a un lado os intereses personalistas, abríndose á sociedade e pensando no benestar xeral da cidadanía.

Galicia é unha das Comunidades Autónomas máis envellecidas e con menos oportunidades laborais para os mozos que teñen que coller as maletas en busca dun futuro digno, como fixeron os seus pais e avós, hai décadas.

A esquerda ten que sumar, deixando ao carón a fragmentación e os conflitos internos. Pola súa banda a dereita soubo unirse detrás das siglas do PP e xa van moitos anos de experiencia de goberno e con responsabilidades políticas importantes.

En democracia a alternancia política é moi saudable e necesaria para evitar a corrupción e a creación de casaríos que beneficien aos de sempre. Pero tamén, en democracia, o que contan son os votos e para iso é conveniente vivir na realidade e coñecer a idiosincrasia da maioría dos paisanos.

Outros artigos

“De tanto falar, equivócanse”. Luís Celeiro

Cando se pare, se se da o caso, os corredores pedestres non terán por onde andar, quedaransequietos, como enterrados no abismo. Mirarán para tódolos lados, acordaranse da importancia dosmovementos á dereita e á esquerda, e seguirán tesos alí na entrada da sima, na...

+

“Cuando yo no esté” – Manuel Domínguez

Esto es una creación literaria, nada personal de nadie. Cuando yo ya no este. Tu hijo, mi nieto se subirá a lo alto del naranjo, le dirás, te pareces al abuelo, él cuándo niño se subía a los árboles y me enseño a subir a mí, después te enseñare una foto. Desearas que...

+

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.