A Pobra incentiva o aproveitamento de excedentes agrarios

30 Setembro 2021

O Concello da Pobra do Caramiñal pon en marcha un proxecto de aproveitamento de excedentes agrarios, que tamén redunda na posta en valor das verduras, hortalizas e legumes que a veciñanza do municipio cultiva nas súas hortas, ao tempo que se achegan eses produtos ao mercado dun xeito sinxelo. Baixo esta premisa, estará a disposición das persoas produtoras a páxina web DEANshop coa finalidade de que poidan vender directamente os seus
excedentes agrarios.
A concelleira da Promoción Económica, Charo Varela (Nós Pobra), enumerou os obxectivos desta proposta, entre os que se atopan, poñer en valor a produción agrícola das pequenas explotacións do concello; fomentar o consumo de alimentos de calidade e de proximidade (quilómetro 0); xerar actividade económica a partir dos produtos de tempada; dinamizar o comercio local, neste caso, a través dunha plataforma dixital; fomentar a actividade agraria; e promover un estilo de vida saudable e sostible.
Segundo indicou a técnica municipal, Sara Sánchez, no 5 de outubro, ás 20.00 horas, terá lugar unha reunión informativa nas instalacións do coworking. As persoas interesadas en recibir máis información poden anotarse a través do teléfono de contacto 981843280, marcando a extensión 2035, ou do enderezo electrónico promocion.economica@apobra.gal.
Por último, a presidenta da Asociación Comercial DEANSHOP, Noelia Hermo, sinalou que a entidade habilitará na plataforma dixital un apartado chamado ‘Quilómetro 0’, onde se porán á venda os excedentes agrarios.
Neste senso, manifestou que “nós non imos a ser beneficiarios, o único beneficiario será o propio agricultor ou persoa que cultiva”, polo que a asociación constitúe unicamente un vínculo de unión entre produtores e compradores. Ademais, de funcionar esta iniciativa, anunciou que dende a plataforma se buscará tamén a implicación do sector hostaleiro para que tamén adquiran esta mercancía e poidan crear uns menús ‘Quilómetro 0’.

Outros artigos

A enseada da Pobra dará a saída á Liga de Cruceiros Ría de Arousa

A unión entre os clubs máis representativos na escena cruceirista de Arousa vai facer posíbel que un ano máis se celebre a clásica regata invernal na ría. Os clubs Arousa Norte (A Pobra ), Ribeira, Rianxo e o centenario Real Club de Regatas de Galicia (Vilagarcía)...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“De cuentos y cuentistas”. José Antonio Constenla

“De cuentos y cuentistas”. José Antonio Constenla

La vicepresidenta primera del Gobierno y ministra de Hacienda, María JesúsMontero, ha justificado la intervención de Moncloa en el relevo del presidentede la empresa Telefónica, en que “tocaba el proceso de renovación” y por quées muy importante que España cuente con...

“Aprende del ejemplo” – Manuel Domínguez

“Aprende del ejemplo” – Manuel Domínguez

Una Goleta, con tres palos, Trinquete, Mayor y Mesana, cada palo aguanta su vela. Así funciona y así navega, un palo no aguanta la vela que no le corresponde, cada quien aguanta la suya. Así pues, no es eficaz, que una persona transporte los problemas de otra, podrás...