A Piscina de Rianxo lanza unha campaña para incentivar que a cidadanía retome a práctica do deporte

27 Setembro 2021


A Piscina Municipal de Rianxo vén de lanzar unha campaña para incentivar no concello a práctica do deporte, vital para a nosa saúde logo do longo período marcado polas restricións da pandemia no que, de maneira inevitábel, baixou a cantidade de tempo diario que lle adicamos ao exercicio físico.

A campaña emitida pola piscina rianxeira, centro deportivo xestionado por Aquafit, diríxese precisamente a reinstaurar estes hábitos saudábeis entre todas aquelas persoas que os aparcaron ao longo deste ano e medio.

Coa mensaxe Cada día que fas deporte, é un día feliz. Volve sentilo, Aquafit pretende motivar aos veciños de Rianxo “a reactivarse despois de meses de sedentarismo”.

Para facilitar as inscricións, o centro deportivo de Rianxo anunciou que non cobrará a matrícula e que, ademais, agasallará un mes de subscrición de balde ás persoas que se abonen na modalidade individual ou familiar ata o 20 de outubro.

Para máis información sobre esta campaña, Aquafit habilitou a web www.aquafit.es/serfeliz onde ademais poderemos entrar no sorteo de seis meses gratis de ximnasio.

Os responsábeis da instalación reforzaron a programación de actividades tanto de adultos como infantís co fin de “ofrecer una experiencia deportiva completa”. E engaden: “Queremos seguir demostrando que a Piscina Municipal é un espazo seguro grazas a todas as medidas implementadas no último ano e medio, sempre acordes ás recomendacións das autoridades sanitarias”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.