A oferta deportiva de Rianxo pon o foco na seguridade, na variedade e na descentralización das actividades

24 Setembro 2021

O Concello de Rianxo presentou a oferta deportiva para a tempada de inverno 2021/2, incluíndo as actividades organizadas de xeito directo polo Servizo de Deportes, as escolas de formación dos clubs cos que colabora o Concello (programa deporte base) e as propostas da Piscina Municipal.

“É unha oferta adaptada, marcada polas restricións e as medidas de prevención para garantir a seguridade na práctica deportiva”, explicaron fontes do Concello, engadindo que se puxo o foco en ofrecer actividades e modalidades deportivas de carácter individual ou colectivas sen contacto físico. Deste xeito, a idea foi compensar a redución da oferta impulsando accións para un amplo rango da poboación e cun carácter descentralizado, con propostas en todas as parroquias rianxeiras e co obxectivo de “achegar o deporte a todos/as”, en especial a aquelas persoas que mais dificultades teñen de mobilidade (crianzas e terceira idade).

Haberá límite de prazas en todos grupos.

Ás actividades para a rapazada son modalidades deportivas ás que se pode acceder nos pavillóns municipais (3 escolas deportivas: tenis, patinaxe, tenis de mesa/bádminton), na Piscina Municipal e a través das escolas de formación dos clubs rianxeiros (8 modalidades: tríatlon (novidade), piragüismo, remo, baloncesto, xadrez, voleibol e fútbol).

En canto ás actividades para adultos e terceira idade, poderán escoller entre 20 propostas distintas, que van desde o multifitness e o tenis nos pavillóns municipais a unha ampla oferta de actividades acuáticas (pool dance, pool salus…) e dirixidas (cross, pilates, step, hipopresivos…) na Piscina Municipal.

Asemade, mantéñense os grupos de ximnasia para a terceira idade en todas as parroquias do concello.

O prazo de inscrición abriu o 22 de setembro e as actividades darán comezo o 4 de

outubro.

Máis información e inscricións no Servizo de Deportes e nos Pavillóns Municipais.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.