A campaña a prol das conservas galegas Fai clic ao teu bocata recala en Dodro

01 Setembro 2021

Este 6 de setembro a actividade Fai clic ao teu bocata vai recalar no concello de Dodro. Será ás 11 horas na Lavandeira de Imo. Trátase dun espectáculo dirixido a nenas e nenos de entre 3 e 12 anos. As inscricións xa poden facerse (de balde, até este 2 de setembro) chamando ao 981 802 466 en horario de 9 a 14 horas.

Fai clic ao teu bocata é unha actividade impulsada pola patronal conserveira galega (ANFACO-CECOPESCA) e a Xunta de Galicia (Consellería do Mar) a través da cal ofrécese formación lúdica acerca do valor nutritivo e culinaria das nosas conversas. Inclúe unha charla divulgativa, dinámica e participativa con preguntas aos participantes sobre alimentación e os produtos do mar e a proxección dun vídeo animado da campaña.

Tamén acubilla unha demostración sobre como elaborar bocatas con conservas galegas. A sesión remata cun xogo científico onde os rapaces e rapazas terán que demostrar o aprendido previamente.

Outros artigos

O Consello de Contas outorga unha nota alta a Dodro

O pleno de setembro en Dodro aprobou distintos asuntos de importancia como convenios de colaboración cos concellos veciños, o POS adicional 2 da Deputación ou o informe fiscalizador do Consello de Contas. O Consello de Contas, na reunión do pasado 29 de xullo, emitiu...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.