A Asociación de Empresarios de Ribeira celebra o remate dos trámites para dar o impulso definitivo ao novo polígono

15 Setembro 2021

A Asociación de Empresarios de Ribeira emitiu un comunicado referente aos resultados da comisión de seguimento do novo polígono. No comunicado faise balance do acadado por este grupo de traballo impulsado pola patronal, o Concello e os grupos da Corporación para sentar as bases posíbeis do novo complexo industrial ribeirense e máis do futuro viario de acceso á cidade. Nel a asociación dá conta das reunións mantidas co alcalde Manuel Ruiz e máis do remate dos trámites administrativos para dar o impulso definitivo ao novo polígono, “trámites que a falta da sinatura da conselleira, darán paso en breve ao comezo das diferentes etapas da obra a realizar, entre as que se atopa o expediente de expropiación, o reparto e a adquisición das parcelas e outros procesos a desenvolver”, sinala a asociación no seu balance.

A patronal tamén quere agradecer “a implicación de maneira importante do rexedor de Ribeira, alma mater do proxecto”, sen esquecerse “de recoñecer o apoio que ás nosas peticións recibimos dos partidos políticos, PBBI e BNG, e salientar o pasado adiante dado polo PSOE”. No comunicado a asociación fai saber que bota en falta a presenza de Suma Ribeira que “por motivos que descoñecemos non participou nas reunións e mesas de traballo que se levaron a cabo”.

Os empresarios engaden no escrito que “o remate dos trámites é unha gran noticia da que queremos facer partícipes a todo o mundo, xa que por fin parece verse a luz que alumará ao tan ansiado proxecto, tan importante para o devir da nosa cidade”. Tamén mostran o seu agradecemento “á Administración pola súa comprensión e dispoñibilidade e é xusto sinalar a boa acollida que para nosa directiva tiveron os responsábeis da Deputación da Coruña, xa sexa na persoa do seu deputado, Blas García Piñeiro, así como na do propio presidente, Valentín González, que nos recibiu e comprometeuse publicamente ao desdobramento da vía de acceso ao Polígono”. Esta liña de agradecementos a patronal faina extensíbel ao conselleiro de Economía, Francisco Conde, “que nos apoiou en todos e cada un dos eventos para os cales solicitamos a súa presenza e a súa intervención”.

A Asociación de Empresarios de Ribeira conclúe mostrando a súa esperanza en “seguir traballando neste camiño para que culminen máis axiña que tarde as dúas grandes obras que Ribeira ten pendentes e necesita”.

Outros artigos

O PSdeG-PSOE de Ribeira pide obras inmediatas no CEIP O Grupo

O Grupo Municipal Socialista de Ribeira levará unha proposición ao pleno para reclamar unha actuación urxente no edificio de educación infantil do CEIP O Grupo, ante o que cualifican "un avanzado estado de deterioro dunha cuberta onde a vexetación medra de forma...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Valentía política” – José Manuel Pena

“Valentía política” – José Manuel Pena

A maior parte dos nosos políticos e gobernantes sempre falan, publicamente, do cumprimento da legalidade vixente. Á parte de que son eles os encargados de lexislar, non chego a comprender de que tipo de legalidade falan, se das leis ordinarias, dos Reais Decretos...

“Miseria humana” – Manuel Domínguez

“Miseria humana” – Manuel Domínguez

Todas las encuestas, absolutamente todas dan el resultado que en estas elecciones se llevaran un varapalo enorme, que la caída será de órdago, lo saben. Pierden como estaba previsto, tardan en analizar el fracaso. Resultado la culpa del fracaso es del muerto, la culpa...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.