O venres as altas presións situaranse ao noroeste da Península onde seguirán achegando estabilidade e favorecendo a entrada de aire cálido. Amenceremos con néboas en puntos do interior e nubes baixas ao norte. As nubes iranse desfacendo quedando unha tarde de ceos pouco nubrados ou despexados en xeral. As temperaturas mínimas seguirán sen cambios mentras que as máximas ascenderán entre lixeira e moderadamente superando os 30 graos. O vento soprará de compoñente norte, con réxime de brisas nas Rías Baixas.

O NOSO MAR: Vento variable á mañá, do noroeste á tarde e do norte á noite, forza 1 a 3 á mañá, 2 a 4 á tarde e 2 a 3 á noite. Mar rizado á mañá e mar ovellado á tarde e á noite. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 1.5 a 2 metros á mañá, 1.5 a 2.5 metros á tarde e 1 a 2 metros á noite.
Mareas
| Muros | ||
|---|---|---|
| Hora* | Altura | |
| Baixamar | 01:52 | 0.6 m |
| Preamar | 08:03 | 3.5 m |
| Baixamar | 14:04 | 0.8 m |
| Preamar | 20:22 | 3.6 m |
| Vigo | ||
|---|---|---|
| Hora* | Altura | |
| Baixamar | 01:43 | 0.7 m |
| Preamar | 07:55 | 3.4 m |
| Baixamar | 13:55 | 0.8 m |
| Preamar | 20:13 | 3.6 m |
| Vilagarcía | ||
|---|---|---|
| Hora* | Altura | |
| Baixamar | 01:48 | 0.6 m |
| Preamar | 08:00 | 3.4 m |
| Baixamar | 13:59 | 0.8 m |
| Preamar | 20:18 | 3.6 m |
* As horas están en horario local.
Cámaras web da comarca (algunha pode nun funcionar puntualmente)
- Coroso directo _ Santa Uxía de Ribeira
- Praia de Balieiros directo- Corrubedo
- Praia das Furnas directo. Porto do Son
- Praia Aguieira directo.Porto do Son
- Portosín. Porto do Son
- Sálvora. Santa Uxía de Ribeira
- Pobra do Caramiñal directo. A Pobra
- Praia de Carnota
- Praia Ézaro
PREVISION TEMPO PARA OS PRÓXIMOS 14 DIAS




