Unha embarcación de Salvamento Marítimo rescata un practicante de wíndsurf en apuros na Illa de Arousa

08 Agosto 2021

Un practicante de wíndsurf tivo que ser rescatado na Illa de Arousa ante a dificultade de alcanzar a beira.

Ao lugar acudiu a embarcación Salvamar Sargadelos de Salvamento Marítimo para axudar ao varón que se atopaba en bo estado de saúde e non necesitou asistencia sanitaria.

Ás 17:00 horas de hoxe, o 112 Galicia recibiu a chamada dun particular que informaba dunha persoa nunha táboa de wíndsurf con dificultades para volver ao areal por culpa da intensidade do vento. Decontado, púxose en marcha un operativo que, ademais dos membros de Salvamento Marítimo, contou coa colaboración do Servizo de Gardacostas de Galicia e dos axentes da Garda Civil.

Unha vez na embarcación, o equipo de rescate confirmou ao 112 que o deportista atopábase ben e que o puideron levar en seguridade ata a praia.

Desde o 112 Galicia tamén se pasou aviso aos efectivos de Protección Civil do Grove por se fose necesaria a súa intervención.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...