Liberados o capitán e tripulantes do pesqueiro Cobija

29 Agosto 2021

Antón Luaces.- Sen confirmar oficialmente (aínda cas fontes son totalmente fiables) Pablo Costas Villar, o capitán galego do pesqueiro somalí Cobija, e o resto da tripulación deste buque foron liberados hoxe. As autoridades portuarias iemenís devolvéronlles os pasaportes e comunicáronlles que, libres de cargos, poderían viaxar aos seus respectivos domicilios. 

Segundo confirmou esta tarde a Central Unitaria de Traballadoras (CUT), sindicato ao que está afiliado Pablo Costas, este abadonou ás 10,45 horas o barco, ao igual que o fixeron un tripulante peruano e 17 compañeiros indonesios. Todos eles foron trasladados a distintos hoteis da zona na que está radicado o porto de Al Mukalla, ao sur de Iemen,  onde permanece o buque. 

Deste xeito semella que remata a penuria pola que, durante once meses -especialmente os oito días que estiveron sen auga nen víveres- pasaron a trintena de tripulantes do barco Cobija, patroneado por Pablo Costas Villar, residente en Bueu (Pontevedra), cuxa repatriación reclamaron os familiares e os seus viciños insistentemente ao consideraren todos eles -incluido o propio Costas Villar- que a súa retención no pesqueiro máis aló dos tres meses estipulados por un xulgado iemení que levou o caso dunha denuncia por pesca ilegal presentada por Australia, que a permenencia no barco en pésimas condicións sanitarias e humanitarias non era senon un secuestro. 

Descoñécese se houbo, nestas circunstancias, algún informe médico sobre tal procedemento, como tamén se ignora se, finalmente, o Goberno español foi máis aló do realizado ata o de agora para acadar esa liberación e proceder á repatriación de Pablo Costas. Compre lembrar tamén que, a mediados de semana, a Federación Internacional de Traballadores do Transporte (ITF) mantivo contacto co capitán do buque e confirmou a este xornal a entrega de víveres para a tripulación, así como a intervención do médico e un sanitario local que  constataron o estado no que se atopaban varios dos tripulantes, afectados por vómitos, febre e malestar xeral posiblemente consecuencia da falta de alimentación e a inxesta de auga en condicións insalubres. O panorama externo non melloraba a situación persoal, rodeados como estaban de cascudas e ratas coas que convivían desde vai case que un ano.
A noticia da liberación, sen ser oficial, sí ten consistencia e pode darse por certa. 

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pasada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...