A Área de Turismo do Concello de Rianxo organiza un programa de roteiros guiados con prazas limitadas para dar a coñecer diferentes lugares de interese do termo municipal durante o mes de agosto.

O lugar e hora de inicio de cada ruta serán os indicados a continuación:
–Vila de Rianxo
19 de agosto – 11:00 – Praza de Rafael Dieste (Coordenadas: 42.650543, -8.818816)
–Hórreo do Araño
20 de agosto – 11:00 – Aparcadoiro fronte ao hórreo do Araño (Coordenadas: 42.694419, -8.800977)
–O Rianxo literario
26 de agosto – 11:00 – Diante da Casa de Castelao (rúa de Abaixo) (Coordenadas: 42.651015, -8.819127)
–O Rianxo mariñeiro
27 de agosto – 11:00 – Peirao de Setefogas (Coordenadas: 42.653885, -8.818564)
A inscrición (obrigatoria) deberá facerse nos puntos de información turística de Rianxo ou no teléfono 604023753 (de luns a venres de 10 a 14 e de 17 a 19, fin de semana de 10:30 a 14:30). O prazo límite para formalizar a nosa asistencia é de dous días antes de cada ruta e o número mínimo de persoas para participar en cada ruta é de cinco. O número máximo é 10. A duración de cada andaina é de entre 1h 30min e 2h.
Medidas anti-COVID
– Obrigatorio o uso de máscara de prevención durante toda a actividade.
- Distancia de seguridade entre participantes non convivintes durante toda a actividade.
- Non poderán participar as persoas con sintomatoloxía compatíbel coa COVID-19.
- Prohibido fumar, comer ou beber durante a actividade (agás auga de xeito puntual).