“Trinta anos en Galicia do Helimer”. Antón Luaces

27 Agosto 2021

O porto da Coruña vai ser na mañá deste sábado, 28 de agosto, entre as 12,45 e as 14,00 horas, escenario d8unha animada xornada co simulacro polo 30 aniversario do “Helimer”, e a voisita de tres veleiros históricos. O exercicio de exhibición vai realizarse na zona comprendida entre O Parrote e o castelo de San Antón, e contará coa participación dun helicóptero de rescate, un avión de patrulla e dúas embarcacións. Tamén poderá admirarse desde o peirao de Trasatlánticos un veleiro noruegués de 98 metros, mentres que en Mariña Coruña atracarán o “Athyla” e o “Kapitan Borchardt”, que tiñan prevista a súa escala no porto coruñés para tomar parte na Regata de Grandes Veleiros.


O “Helimer” (inicialmente denominado Helimer Galicia) foi destinado ao aeroporto de Alvedro a finais do verán de 1991. Desde aquela realizou un traballo fundamental na cobertura de emerxencias na costa galega, rescatando a maís de 1.200 persoas. Entre estas operacións levadas a cabo por este helicóptero da Sociedade de Salvamento Marítimo figura o rescate de tripulantes do petroleiro “Aegean Sea” (“Mar Egeo”), embarrancado na costa coruñesa a escasa distancia da Torre de Hércules e o seguimento de todo o accidentado proceso do “Prestige”. Entremedias, numerosas intervencións en axuda e salvamento de náufragos de pesqueiros galegos, en máis dunha ocasión poñendo a proba a gran profesionalidade dos tripulantes desta aeronave querida e respectada polos mariños e mariñeiros galegos durante estes trinta anos de servizo.

O exercicio deste sábado na Coruña vai desenvolverse en augas portuarias. Consistirá na evacuación por vía aérea dun tripulante que estará a bordo do buque de salvamento “Salvamar Betelgeuse”. O Helimer 401 vai posicionarse sobre a embarcación e un dos seus profesionais baixará a rescatar á vítima, para volver ao helicóptero ao remate do simulacro e retornar, finalmente, ao aeroporto de Alvedro. Durante o exercicio, un avión de patrulla con base en Santiago, Sasemar 102, realizará un voo 360 sobre a cidade. Como prolegómeno, os remolcadores de servizo portuario lanzarán os tan característicos chorros de auga, en torno ás 12,30 horas.

Na mesma xornada agárase a chegada do veleiro noruegués “Statsraad Lehmkuhl”, un buque de 98 metros de eslora construido en 1914, equipado actualmente con instrumental de vangarda para investigar o estado dos océanos. Este histórixo veleiro ten previsto o seu atraque no peirao de Trasatlánticos en torno ás 10,00 horas. Permanecerá aquí ata o domingo, cando ten prevista a súa partida cara a Lisboa. A Coruñas vai ser, tamén, a primeira escala na expedición “OneOcean”, co apoio do Goberno noruegués e socios públicos e privados, cuxo obxectivo é converter esta embarcación única nunha universidade frotante na que, científicos, alumnos e representantes de institucións vinculadas á biodiversidade e á sustentabilidade no medio mariño realizarán unha singradura de 55.000 millas náuticas durante 20 meses.

O “Statsraad Lehmkuhl”, que ía participar na Tall Ship Races, finalmente cancelada pola situación sanitaria, mantivo a súa escala coruñesa, ao igual que o fixeron a goleta basca “Athyla”, de 31 metros de eslora, e o buque escola polaco “Kapitan Borchardt”, de 42 metros, atracados nos pantaláns de Mariña Coruña, fronte ao dique de abrigo.

Outros artigos

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

+

“Xosé López, un premio Diego Bernal magistral”. Alberto Barciela

Le conocí en sus andanzas en La Voz de Galicia, le seguí en sus avatares en la Facultad de Comunicación de Santiago -en una carrera muy paralela a la de Margarita Ledo o Paco Campos-, colaboré con él de forma breve en sus trabajos para el Consello da Cultura galega,...

+

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.