Tremor de madrugada en Bretal-Ribeira

07 Agosto 2021

O Instituto Geográfico Nacional informou dun tremor na parroquia de Oleiros no lugar de Bretal no concello de Ribeira. O tremor rexistrouse de madrugada, exactamente ás 2,57 hora local e cunha magnitude de 2,2 na escala Richter, o que supón que apenas foi perceptible pola poboación. A diario rexistranse na península uns mil deste pequenos sismos.

O tremor rexistrouse a 17 metros de profundidade e non ocasionou danos. Nas últimas semanas veñen rexistrándose pequenos tremores que afectan a toda Galicia e tamén a comarca aínda que con pouca intensidade.

Instituto Geográfico Nacional

Outros artigos

Espazos Sonoros chega á Pobra con Sara Ruiz, este 26 de setembro

O ciclo Espazos Sonoros 2026, organizado pola Deputación da Coruña, fará parada no concello da Pobra o vindeiro sábado 26 de setembro cunha xornada que combinará música, patrimonio, historia e literatura e que conta coa colaboración do Concello da Pobra do Caramiñal....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.