Tarde de incendios: na Pobra arderon dous coches e en Cabo de Cruz unha nave industrial

Incendio en Cabo de Cruz Accidentes y Noticias

Boiro

Bombeiros de Boiro

Dotacións de bombeiros do Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento da Coruña con base en Boiro interviron a primeira hora da tarfe nun incendio na zoa de almaceaxe exterior de nave industrial en Cabo de Cruz, no Concello de Boiro.

Colaboraron a Garda Civil, Policía Local de Boiro, SMPC de Boiro e bombeiros forestais de Medio Rural.

Na Pobra

Accidentes y noticias

Por outra banda dous dous vehículos que estaban estacionados en pleno paseo de Os Areos da Pobra arderon e parece que a causa foi o lume que se orixinou nun deles.

Pouco antes das seis da tarde, as chamas, que se propagaron dun turismo a outro,obrigaron a desprazarse ao lugar integrantes de Protección Civil, bombeiros e Policía Local da Pobra. Unha vez no lugar, os equipos de emerxencias lograron extinguir as chamas rapidamente, evitando que o lume alcanzase un terceiro vehículo estacionado xusto diante. Con todo, os dous coches afectados quedaron practicamente calcinados.