Desde este sábado Sanidade establece o nivel máximo de restricións en 9 concellos, entre eles Muros

07 Agosto 2021

Son os municipios de Muros, Baiona, Burela, Foz, Viveiro, Monterroso, Meaño, O Grove e Sanxenxo

O comité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia provocada pola covid-19, acordou o nivel máximo de restricións para os concellos de Muros, Baiona, Burela, Foz, Viveiro, Monterroso, Meaño, O Grove e Sanxenxo

Así mesmo, tamén determinou o nivel alto de restricións nos municipios de Cambados, Boiro, O Barco de Valdeorras, A Pobra do Caramiñal, A Coruña, Ames, Arteixo, Cambre, Cariño, Culleredo, Ferrol, Santiago de Compostela, Ortigueira, A Laracha, Betanzos, Sada, Padrón, Teo, Cee, Pontedeume, Lugo, Chantada, Monforte de Lemos, Ourense, Verín, Bueu, A Guarda, Meis, Moaña, Mos, Pontevedra, Ponte Caldelas, O Porriño, Redondela, Soutomaior, Vigo, Melide, Carballo, Fisterra, Oleiros, Ribeira, Cervo, Ribadeo, Avión, Barbadás, O Carballiño, A Illa de Arousa, Vilagarcía de Arousa, Vilanova de Arousa, Marín, Poio, Gondomar, Nigrán, O Rosal, Barro, Portas, Valga, Vilaboa, Salvaterra de Miño, Tui, Xove e Palas de Rei.

Ademais, as medidas do nivel medio serán de obrigado cumprimento nos seguintes concellos: Beariz, Boborás, Caldas de Reis, Maceda, Mondoñedo, Oroso, Pereiro de Aguiar, Pontecesures, Sarria, Silleda, Vilalba, Vilamartín de Valdeorras, Vimianzo, Bergondo, A Capela, Carnota, Cedeira, Corcubión, Coristanco, Curtis, Narón, Outes, Rianxo, Celanova, Coles, Monterrei, Pobra de Trives, Riós, A Rúa, Arbo, Cangas, A Lama, Ponteareas, As Neves, As Pontes, Arzúa, Tomiño, Ribadumia, Boqueixón, Laxe, Miño, Muxía, Oza-Cesuras, Neda, Touro, Tordoia, Cospeito, Outeiro de Rei, Xinzo de Limia, Catoira, Cuntis, Mondariz, Salceda de Caselas e Esgos.

Os restantes concellos galegos permanecerán no nivel medio-baixo.

Todas estas medidas están en vigor desde ás 00:00 horas deste sábado, 7 de agosto.

Hai restricións vixentes comúns ao todo o país e algunhas cambiounas a Xunta hoxe. Así praias e parques pechan desde a medianoite ata as seis da mañá e non se poden reunir en exteriores máis de 10 persoas non conviventes, 6 en interiores.

Ademais, hai restricións específicas segundo o nivel do municipio, variación de limitacións que afecta principalmente á hostalería:

Nivel máximo

Establecementos de hostalería e restauración: Interior 30% (maiores de 12 anos deberán presentar certificado) e terrazas: 50%.
Lecer nocturno: 50% de terrazas permitidas. Peche á 1 p.m.

Nivel alto

Os parques e xardíns públicos e as praias pecharán entre as 00:00 e as 06:00.
Establecementos de hostalería e restauración: Interior 30% (maiores de 12 anos deberán presentar certificado) e terrazas: 50%.

Nivel medio

Establecementos de hostalería e restauración: Interior 50% e terrazas: 50%. Non se require certificado.
Lecer nocturno: 50% interior permitido (requírese presentación de certificado) e 100% terrazas. Peche ás 3 p.m.

Nivel medio-baixo

Establecementos de hostalería e restauración: Interior 50% e terrazas: 100%.
Lecer nocturno: 50% interior permitido (requírese presentación de certificado) e 100% terrazas. Peche ás 3 p.m.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Objetividad de la visión en España”. José Fernández Lago

“Objetividad de la visión en España”. José Fernández Lago

En este período de ocho años del actual Gobierno, han tratado de resolverse muchas cuestiones. Algunas de ellas han llegado a buen término, al encontrar apoyo en la mayor parte del Parlamento. Otras, en cambio, no han hallado esa acogida, y fueron rechazadas. Cierto...