Este sábado a comarca e Galicia queda nunha zona de transición entre as altas presións situadas ao norte das Illas Británicas e as borrascas atlánticas. Así, teremos unha xornada que comezará cos ceos moi nubrados, retirándose progresivamente as nubes co avance da xornada; pola tarde formaranse nubes de evolución no interior.
Néboas costeiras no litoral atlántico. As temperaturas sufrirán un descenso, máis acusado nas máximas que non chegarán ós 22-24 graos. O vento soprará frouxo de dirección variable, agás no extremo norte onde continuará o nordés.

O NOSO MAR: Vento variable á mañá e á noite e do oeste á tarde, forza 1 a 2. Mar rizado. Visibilidade mala á mañá e á noite e regular á tarde. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0 a 1 metros.
Mareas
| Muros | ||
|---|---|---|
| Hora* | Altura | |
| Baixamar | 02:14 | 1.0 m |
| Preamar | 08:24 | 3.1 m |
| Baixamar | 14:31 | 1.1 m |
| Preamar | 20:46 | 3.1 m |
| Vigo | ||
|---|---|---|
| Hora* | Altura | |
| Baixamar | 02:07 | 1.1 m |
| Preamar | 08:18 | 3.1 m |
| Baixamar | 14:22 | 1.2 m |
| Preamar | 20:38 | 3.1 m |
| Vilagarcía | ||
|---|---|---|
| Hora* | Altura | |
| Baixamar | 02:11 | 1.0 m |
| Preamar | 08:23 | 3.1 m |
| Baixamar | 14:27 | 1.1 m |
| Preamar | 20:43 | 3.1 m |
* As horas están en horario local.
Cámaras web da comarca (algunha pode nun funcionar puntualmente)
- Coroso directo _ Santa Uxía de Ribeira
- Praia de Balieiros directo- Corrubedo
- Praia das Furnas directo. Porto do Son
- Praia Aguieira directo.Porto do Son
- Portosín. Porto do Son
- Sálvora. Santa Uxía de Ribeira
- Pobra do Caramiñal directo. A Pobra
- Praia de Carnota
- Praia Ézaro
PREVISION TEMPO PARA OS PRÓXIMOS 7 DIAS




