Rosa Quintana enxalza o conto ‘Xela, a redeira’ como unha boa ferramenta para dar a coñecer este oficio e promover a remuda xeracional

21 Agosto 2021

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, participou hoxe na presentación do conto Xela, a redeira onde salientou o valor do traballo que realizan as profesionais deste sector e sinalou que esta publicación dirixida ao público infantil e promovida pola Federación Galega de Redeiras Artesás O Peirao(entre eslas está é unha boa ferramenta para dar a coñecer o oficio das redeiras e promover a remuda xeracional.

A Consellería do Mar apoia esta iniciativa no marco da colaboración anual que mantén coa Federación Galega de Redeiras Artesás O Peirao. O conto foi escrito por Alexandra Touza e ilustrado por Patricia Eirín e dá a coñecer a actividade da redería como parte fundamental das actividade do mar.

Nesta liña a titular de Mar subliñou que un conto é a mellor forma de chegar ás novas xeracións, especialmente aos máis cativos e de mostrarlles un dos oficios máis antigos e tradicionais do sector e enxalzou o legado das mulleres que contribuíron a formar a Galicia costeira actual.

En relación ao labor das redeiras, destacou a súa capacidade para dominar todas as técnicas para a confección e montaxe dos aparellos de pesca e tamén para a súa reparación e mantemento. Unhas tarefas, engadiu, que son fundamentais para o desenvolvemento da actividade pesqueira.

Rosa Quintana tamén salientou outras posibilidades que ofrece o oficio das redeiras mediante a diversificación con actuacións como a elaboración de produtos artesáns a partir de refugallos ou o turismo mariñeiro.

Outra acción que promove a Federación Galega de Redeiras Artesás O Peirao, que complementa á deste conto e que se viu na presentación de hoxe é a curta documental realizada pola produtora Muzungu Producións en coprodución con Doha Debates. Esta peza narra a historia das redeiras e a súa loita por acadar os mesmos dereitos dos que gozan os homes no sector da pesca.

A exposición Redeiras. Unha profesión con historia é outra iniciativa impulsada pola federación co apoio da Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia e que tamén visitou a conselleira. A comisaria é Xela Rodríguez e a mostra está composta por fotos súas e de Rolando López Pérez e pon en valor o papel das mulleres no labor de reparación e fabricación de redes, un dos máis antigos oficios mariñeiros.

Federación Galega de Redeiras Artesás ‘O Peirao’

A Federación Galega de Redeiras Artesás O Peirao foi creada en 2004 no marco do III Encontro de Redeiras e a súa sede social está en Malpica. Na actualidade está integrada por máis de 140 socias repartidas en oito asociacións de redeiras ao longo do territorio galego e ten entre os seus obxectivos defender os intereses das redeiras profesionais de Galicia, visibilizar as necesidades das socias e fomentar o asociacionismo. Outros dos seus fins son a formación de futuras redeiras, promover a diversificación laboral, a través da reciclaxe e artesanía e promover a igualdade entre mulleres e homes.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cariño: un pequeno gran punto negro contaminante”

“Cariño: un pequeno gran punto negro contaminante”

Non se sabe con exactitude o grao de contaminación que pode provocar en Galicia unha empresa que, como Altri (en Palas de Rei, Lugo), vai utilizar o eucalipto como materia prima a partir da que extraer fibras téxtiles; máis é evidente que existe medo ao que a...

“Tiempos verbales”. Alberto Barciela

“Tiempos verbales”. Alberto Barciela

No sé en que justo momento, si es que lo hubo alguna vez, perdimos el rumbo político y el social. No identifico en qué instante se distrajeron las referencias de los valores esenciales para la convivencia, para el entendimiento, para la discusión constructiva y la...