Ribeira recibe este sábado a Ana Peleteiro cun gran acto popular e conmemorativo

14 Agosto 2021

O Concello de Ribeira fará un recibimento popular á deportista olímpica local Ana Peleteiro Brión, que chega dos xogos de Toquio logo de ter conseguido un dos grandes fitos da súa frutífera e exitosa carreira: a medalla de bronce en triplo salto. Este logro converteu a Peleteiro na primeira medalla olímpica na historia do municipio sendo ademais a segunda deportista que participa nuns xogos tras María Vilas Vidal en Río 2016.

O acto popular terá lugar este sábado 14 de agosto ás 21.30 horas na Praza de España que estará acoutada e ocupada con cadeiras en cumprimento do protocolo anti-COVID.

A apertura terá lugar media hora antes.

Cómpre lembrar que Ana Peleteiro Brión xa fora distinguida coa medalla de ouro de Ribeira cadrando coa festividade de Santa Uxía do ano 2012 (nun acto no que tamén foi galardoada a citada María Vilas, en tanto que outro futuro olimpista, Álex Vidal, recibiuna o pasado mércores) e que por decisión da Corporación a atleta será nomeada filla predilecta.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.