Ribeira entregará a medalla de ouro da cidade a Álex Vidal nun acto público de despedida con motivo de Toquio 2020

02 Agosto 2021

O Concello vai facer entrega da Medalla de Ouro de Ribeira ao parataekwondista Álex Vidal Álvarez nun evento público que terá lugar na tarde deste mércores 4 de agosto e que servirá tamén de acto de despedida do
tricampión do mundo na véspera do seu viaxe a Tokio para competir nos Xogos Paralímpicos.
Dadas as previsións meteorolóxicas, o evento desenvolverase baixo teito na carpa multiusos situada na rúa Canarias fronte o mercado municipal. Comezará ás 19.30 horas e o aforo será limitado conforme aos protocolos anticovid.
Álex Vidal recibirá a medalla de ouro que lle fora outorgada en virtude de acordo unánime da Corporación no último pleno ordinario da pasada lexislatura.
Está previsto que o loitador de Castiñeiras combata na madrugada do 1 ao 2 de setembro no centro de convencións Makuhari Messe, situado na prefectura de Chiba.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...