Ribeira conta cun moderno vehículo policial para o control de aparcamentos e outras utilidades

05 Agosto 2021

O entorno da praza do Concello foi o escenario elixido para dar a coñecer a última das adquisicións do parque móbil da Policía Local: un vehículo modelo Seat Ateca que incorpora as últimas novidades tecnolóxicas para o control de zonas de aparcamento ou de acceso a vías peonís a través dun moderno sistema de lectura de matrículas denominado Atenea.
Así, de acordo co explicado por Luis Cespón, delegado da empresa Federal Signal Vama, o vehículo conta con catro cámaras coas que controlar áreas de estacionamento de distintas tipoloxías, tales como zonas azuis, carga e descarga ou aparcamentos express; así como detectar se un vehículo foi roubado e outras posibilidades. Tamén pode gravar e xestionar infraccións de tráfico e incluso conta cun sistema de vidogravación cando se introduce un detido para o seu
traslado.
O vehículo foi adquirido a Autos Iglesias baixo a modalidade de renting, de tal xeito que pasados catro anos pasará a ser propiedade do Concello.
O alcalde Manuel Ruiz explicou durante a presentación que esta nova incorporación (a forza ribeirense xa conta con outro equipo Atenea instalado noutro vehículo) vai permitir rebaixar tarefas a efectivos da Policía Local e que poidan dedicarse a outro tipo de labores que demanda a poboación. Tamén avanzou que se van a incorporar á plantilla catro auxiliares e se van convocar cinco novas prazas de axente.
Por último, informou de que o Concello está estudando seguir incrementando o parque móbil da Policía a través dunha liña de financiación para vehículos eléctricos.

Outros artigos

Ribeira prepara xa a III Milla do Día da Hispanidade

O Concello de Ribeira colabora coa Escola de Boxeo El Canario no desenvolvemento da III Milla Día da Hispanidade que se celebra o vindeiro luns 12 de outubro con saída ás 11.00 horas, dende o Malecón. Á presentación asistiron o concelleiro de Deportes, Álex Vidal, e...

+

COGAMI impulsa unha campaña para captar talento de xente nova

A campaña tamén chegou ao Centro Social de Boiro A confederación inclusiva COGAMI que preside o sonense Anxo Queiruga lanzou unha campaña de sensibilización e captación de talento de mozas e mozos para dar a coñecer o Servizo de Emprego entre a xente nova con...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Desde la ventana”. Mario Clavell

“Desde la ventana”. Mario Clavell

En este martes laborable miro desde mi ventana de trabajo el valle del Sarela, monte Pedroso detrás, los cultivos agostados debajo, el barrio de Casa Novas y la Casa del Presidente. Nubes de otoño y algunas gaviotas que planean. Chopos y plátanos amarillean en este...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.